Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A banca en liña en España segue costa abaixo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A banca en liña en España segue costa abaixo

Fernando Sarasketa
Publicado: 22/12/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

banca_enlina.jpgA Rede, que pensabamos que era unha burbulla a proba de burbullas (polo que tiña de achega de novos sistemas, canles e tecidos económico-empresariais perante a crise, motivada en parte pola continuidade de vellos sistemas, canles e tecidos), tampouco semella estar cen por cen a salvo da crise económica mundial, tal e como se pode deducir da caída xeral do beneficio da banca en liña anunciado estes días pola Axencia EFE. Os datos, que se refiren aos cinco bancos que traballan en España pola Rede e con marca propia (Openbank, Allfunds, Uno-e, Bancopopular-e e Inversis), achegan un panorama pouco alentador para a banca en liña a curto e medio prazo. Este feito, que se debe en boa medida ao clima de recesión financeira a nivel mundial do que non se ve aínda a saída, agrávase un pouco máis se temos en conta a cifra exacta de caída de beneficios: descendeu nunha taxa do 80.65% nos primeiros nove meses de 2008 no que respecta ao mesmo período de 2007, o que representa unha cifra de 11,35 millóns de euros.
Asemade, cómpre engadir que a banca en liña que opera en España tiña concedidos ata setembro créditos por valor de 2.326,14 millóns de euros, unha contía que comparada cos 2.514,31 millóns achegados no ano anterior dá unha idea do parón de actividade que está a sufrir o sector representado polas cinco empresas devanditas, das que, por certo, ningunha foi quen de obter nos tres primeiros trimestres de 2008 unha cantidade maior de ingresos que en calquera deses períodos de 2007. Porén, e segundo se informa en El Navegante, houbo diferentes niveis de fracaso. Neste senso, a caída menos vertixinosa foi a da filial do Santander Consumer Finance, Openbank, que gañou 16,40 millóns, un 8,8% menos. No extremo contrario sitúase Uno-e (BBVA).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?