Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Fenosa aposta de novo pola Rede para promover as súas mensaxes de eficacia enerxética
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Fenosa aposta de novo pola Rede para promover as súas mensaxes de eficacia enerxética

Fernando Sarasketa
Publicado: 22/12/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

efiquest.jpgA Asociación de Internautas e Unión Fenosa veñen de unir forzas a prol do emprego responsable da enerxía entre os usuarios das ferramentas dixitais. O acordo, que foi dado a coñecer hoxe mesmo en Madrid, abrangue unha serie de accións futuras encamiñadas a evitar, na medida do posible, o estragamento de enerxía no ámbito dos fogares e dos seus accesos á era dixital e das telecomunicacións. A iniciativa, na que tamén participan a Asociación Pro Dereitos Civís e Económicos (ADECES), a Unión de Consumidores (UC) e a Unión Nacional de Consumidores e Amas de Fogar de España (UNAE), representa en boa maneira un reforzamento das políticas que a empresa enerxética está a levar a cabo en materia de loita contra o cambio climático.
O convenio, que entre outras cousas albisca a realización de guías e estudos sobre eficacia enerxética, apoia unha boa parte da súa teoría e práctica no emprego da Internet: tanto como canle de difusión primordial dos obxectivos como eido mesmo de actuación da campaña. Dito doutro xeito: o acceso á Rede, amais de apoio á campaña, é un dos grandes motivos da súa posta en marcha, sobre todo para evitar a perda de recursos vinculados a ela.
Esta colaboración coa Internet comezará a reflectirse o vindeiro luns, coa posta en marcha dun xogo en liña de Unión Fenosa dirixido a concienciar sobre a importancia de consumir eficazmente. A iniciativa, chamada Efiquest, recoñecerá con premios a aqueles usuarios que teñan máis e mellores coñecementos en materia de optimización do gasto enerxético.
Os participantes, asemade, terán á súa disposición ferramentas de creación de grupos de amigos ou empresas para pór en marcha retos que posibiliten a obtención dun meirande número de puntos. Segundo informou a compañía, a razón de ser do xogo non é so informativa e divulgativa senón tamén de acción no sentido máis estrito do termo. De feito, por cada participante que se inscriba, Fenosa comprométese a doar un euro ao proxecto de conservación da Selva Atlántica de Brasil. Asemade, por cada blogueiro que colabore no certame, a empresa achegará cinco euros. Sinalar a maiores que a iniciativa é unha continuación doutra proposta previa, Bosquevirtual.com, unha web participativa posta en marcha (ao igual que Efiquest) coa organización sen arela de lucro Accionatura.
O obxectivo de unha e outra: compensar as emisións de CO2 con aquilo que lle é contrario: o osíxeno achegado pola masa vexetal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?