Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A campaña en 3D de Dygra e Telefónica estrease tamén nas salas de cine
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A campaña en 3D de Dygra e Telefónica estrease tamén nas salas de cine

Raquel Noya
Publicado: 23/12/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Dygra_Films_e_movistar.jpgPapá Noel, os Reis Magos e a ovella Rita son algúns dos persoaxes protagonistas da primeira campaña publicitaria en dixital 3D estereoscópico que Dygra Films vén de desenvolver para os clientes de Telefónica Movistar este Nadal.
Esta campaña, da que xa falamos con motivo da súa estrea en Código Cero, chega agora aos cines e será emitida nun total de 34 salas de toda España co sistema 3D. O anuncio terá unha duración de 60 segundos e nel recrearase unha nova aventura da ovella Rita.
Nesta ocasión, os protagonistas serán os Reis Magos, que rifan en clave de humor con Papá Noel por desenvolver o mellor agasallo para este Nadal, é dicir, a mellor promoción para os clientes de Movistar.
Grazas á tecnoloxía 3D estereoscópica que desenvolve Dygra Films para esta campaña publicitaria, os persoaxes e o obxectos cobrarán vida e parecerá, segundo os seus responsables, “que saen da pantalla para achegarse ao espectador”.
Os asistentes ás salas nas que se proxectarán estes anuncios de Telefónica Movistar, recibirán uns lentes polarizados especiais que lles permitirán visualizar correctamente a creatividade. Con este novo sistema, o espectador recibe dúas imaxes a un mesmo tempo, unha para cada ollo, que o cerebro interpreta e converte en tres dimensións grazas aos devanditos lentes especiais.
Deste xeito, o espectador pode apreciar tódolos matices e detalles que esta tecnoloxía permite desenvolver.
O Dixital 3D estereoscópico emprega tecnoloxía dixital punteira donde a proxección ten unha cadencia perfecta con imaxes en alta definición.. O espectador recibe 144 imaxes por segundo en lugar dos 24 fotogramas que recibe na actualidade polo que se sumerxe nunha nova dimensión onde os obxectos se achegan a el ata crer poder tocalos.
Esta tecnoloxía dixital, unida á visualización cunhas lentes polarizadas, fan que as proxeccións non teñan, segundo os responsables da aplicación, “nada que ver coas antigas proxeccións analóxicas vistas con lentes azuis e vermellas que provocaban mareos e dores de cabeza”.
Por outra banda, os persoaxes da produción contan coa dobraxe de destacados actores como Anabel Alonso, que pon voz á ovella Rita, ou dobradores de recoñecido prestixio como Iván Muelas (voz habitual de Will Smith) no papel de Baltasar ou Pepe Mediavilla (voz de Morgan Freeman), interpretando a Papá Noel.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?