Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia achegará un centro de investigación europeo para vehículos intelixentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia achegará un centro de investigación europeo para vehículos intelixentes

Raquel Noya
Publicado: 23/12/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vehiculo_intelixente.jpgO conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, vén de asinar na capital galega un convenio de colaboración coa Fundación para a Promoción da Innovación, Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico na Industria da Automoción de Galicia para a construción das instalacións dun Centro de Excelencia en Electrónica para Vehículos Intelixentes.
O acordo, que supón un investimento de 10 millóns de euros por parte de Industria, complementará ao Centro de Automoción de Galicia e terá como principal obxectivo, conformar un sistema integral de investigación, desenvolvemento e validación de sistemas e vehículos intelixentes que englobe tódalas infraestruturas necesarias para poder dar resposta ás futuras necesidades do sector.
Este Centro fomentará a I+D de calidade, a formación de especialistas na área da electrónica para automoción e a creación de empresas de base tecnolóxica spin-off.
Asemade, contribuirá a xerar patentes e procedementos tecnolóxicos innovadores que beneficien ao tecido industrial e potenciaraá a transferencia tecnolóxica ao sector empresarial.
Este Centro quedará englobado dentro do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e constará de varios edificios con diferentes usos.
Segundo os seus responsables, “o novo Centro de Excelencia pretende erixirse nun centro de referencia a nivel europeo no eido da investigación e o desenvolvemento de sistemas electrónicos para vehículos intelixentes, contribuíndo á consolidación dun polo de competencia en automoción a nivel mundial en Galiza”.
Na actualidade, non existe, nin a nivel estatal nin europeo, unha infraestrutura agrupada dedicada de xeito global á Electrónica para Vehículos Intelixentes similar a este futuro Centro, que para desenvolver a súa actividade, dotarase dunha serie de laboratorios e instalacións “singulares”.
A Fundación para a Promoción da Innovación, Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico na Industria da Automoción de Galicia será a encargada da súa construción. Entre xaneiro de 2008 e decembro de 2010, levaranse a cabo accións e investimentos relacionados coa primeira fase de construción de instalacións de investigación, desenvolvemento e validación de sistemas do Centro de Excelencia en Electrónica para Vehículos Intelixentes, dos cales, no marco do convenio se van a financiar custos por un importe global de 10 millóns de euros. En concreto, 3 millóns serán para a adquisición de terreo, 1,54 millóns para o seu acondicionamento e urbanización, 3,36 millóns para a construción e 2,1 millóns para as instalacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?