
No 10º posto da listaxe de Wired está o PlayStation Home, que xa está dispoñible en versión de proba, pero Sony prometera o produto final para este ano (e vénse a falar desta plataforma virtual dende marzo de 2007, polo que é decepcionante que moitas das prestacións prometidas aínda estean en preparación); Myka, a set-top box cun cliente de BitTorrent leva aceptando reservas dende o pasado mes de marzo, sen que o produto chegue aos consumidores, de aí que se gañe unha novena posición; o segue Hero’s Journey, un xogo do que se fala dende o E3 de 2005; o ZAP-X, que debería ter saído este ano (e estaría demorado ata 2010) sería un vehículo deportivo eléctrico que conseguiría un consumo realmente reducido e chegaría a velocidades de 250 quilómetros por hora; o picoproxector de Microvision Pico P, que se anunciou hai case un ano no CES de Las Vegas e segue sen chegar ás tendas; o móbil/GPS de Garmin nüvifone, anunciado para o terceiro trimestre de 2008 e demorado á primeira metade de 2009; o agardado xogo StarCraft II (en desenvolvemento dende 2003 e previsto para 2008); máis móbiles co sistema operativo Android aparte do T-Mobile G1 (que parece que chegarán en 2009); o Internet Explorer 8; e, finalmente, o clásico entre os clásicos, un xogo que xa apareceu na listaxe de Wired en 2000, 2001, 2002, 2003, 2005, 2006 e 2007, e que continúa a figurar en cabeza: Duke Nukem Forever.
O xogo incluso conta cun teaser dende hai un ano, nos últimos días publicouse do mesmo unha imaxe que non deixa de ser arte conceptual, e pese a que se comezou a desenvolver en 1997, continúa sen verse ningunha imaxe deste título en acción, converténdose no vaporware por excelencia.
Vello vídeo de adianto do xogo Duke Nukem Forever
Duke Nukem Forever volve ser considerado por Wired coma o Vaporware do Ano
Compartir Este Artigo

