Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As autoridades chinesas lánzanse a limpar a Rede de inmoralidades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As autoridades chinesas lánzanse a limpar a Rede de inmoralidades

Fernando Sarasketa
Publicado: 05/01/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

1_61_china_military_tech.jpgEn China, malia as desigualdades sociais e económicas e os graves problemas de infracción continua dos dereitos humanos que aínda fican por atopar solución, as autoridades seguen coa teima de vixiar que a Internet se acomode ao seu concepto propio de moral, ao seu e ao de ninguén máis. Segundo informa a axencia Europa Press, o xigante asiático vén de abrir unha persecución integral contra todas as páxina webs que difundan pornografía e contidos prexudiciais para a mocidade. Este férreo labor de seguimento extremo, do que semella que nin sequera se vai librar o buscador Google, foi anunciado esta fin de semana co maior dos volumes posibles: a través da televisión estatal e cun informe-advertencia no que se amosa ás autoridades carretando material dixital dende un espazo de traballo.
O obxectivo da proposta non é outro que “limpar Internet das vulgaridades actuais, que violan a moralidade pública e danan a saúde mental e física dos nenos e a mocidade”. Para o Goberno, todos e todas son susceptibles da propagación deste mal: dende os internautas por deixarse levar ata as case que 20 empresas subministradoras de servizos de acceso á Rede, por non ter sido (xunto cos buscadores) efectivos á hora de suprimir contidos pornográficos. Neste senso, ata o primeiro procurador de información en liña do país está no punto de mira das autoridades: o buscador Baidu. O certo é que esta tendencia á radicalización do Goberno chinés xa vén de anos atrás. Porén, nos últimos temos rastrexouse un repunte de actividade, sendo un exemplo claro da política de limpeza moral da Internet o apreixamento do autor dun vídeo de contido sexual que foi visto por centos de milleiros de internautas chineses ao longo duns poucos días.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?