Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Innovación eleva ata 7,3 millóns a contía das axudas TIC para este ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Innovación eleva ata 7,3 millóns a contía das axudas TIC para este ano

Raquel Noya
Publicado: 09/01/2009
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

fernando_blanco-3.jpgA Consellaría de Innovación e Industria vén de anunciar, a través do seu titular, o nacionalista Fernando Blanco, que este ano convocará dúas ordes de axuda para a extensión do uso das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) nas empresas e no conxunto da sociedade galega.
O conselleiro presentou as convocatorias esta mesma mañá na capital galega perante o tecido empresarial do sector e anunciou que a dotación orzamentaria das axudas vaise incrementar un 46 por cento con respecto ao ano pasado, ata acadar un importe global de 7,3 millóns de euros.
En presenza da directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade de Información, Helena Veiguela, o conselleiro considerou que a medida “contribuirá a mellorar a competitividade do tecido produtivo do país, a xerar riqueza e a actuar contra os efectos da crise económica”.
A primeira das ordes presentada destínase a empresas e, segundo apuntou Blanco, subvencionará investimentos TIC realizados ao longo do presente ano. A porcentaxe de axuda xeral é do 40%, pero poderáselle engadir un 10% adicional para as solicitudes baseadas en código aberto, así como un 10% no caso das medianas empresas, ou un 20% se se trata de pequenas ou de microempresas. Desta maneira, a subvención pode chegar a cubrir o 70% do investimento subvencionable, sempre cun importe máximo por solicitante de 80.000 euros. A orde de empresas conta con catro liñas de subvención, unha destinada á implantación de infraestruturas internas, dotada con 750.000 euros, outra para novas aplicacións informáticas, cun orzamento de 2.750.000 euros, e dúas máis para potenciar o sector TIC galego e a súa formación técnica e promoción, que ambas suman unha contía de 1,5 millóns de euros.
Segundo explicou o conselleiro de Innovación e Industria, a liña de apoio á infraestrutura interna das empresas fomentará unha utilización eficiente das TIC por parte de empresas de calquera sector económico, que desenvolverán melloras nos seus sistemas de información. Subvencionarase a implantación de redes de datos internas, incluíndo os elementos físicos precisos para o acceso a internet, así como os investimentos en bens de equipo que supoñan unha muda tecnolóxica ou unha consolidación de tecnoloxías emerxentes para as empresas do sector audiovisual galego. A liña de aplicacións informáticas, por outra banda, apoiará aplicacións de carácter produtivo que acheguen solucións específicas para a actividade económica de que se trate. Tamén se subvenciona neste caso a implantación de programas en código aberto realizados á medida do solicitante, así como aplicacións de uso externo accesibles a través de internet cun funcionamento que facilite as transaccións electrónicas.
En canto ás liñas dirixidas especificamente ao sector TIC, a primeira delas pretende fomentar a xeración e oferta no mercado de novos produtos e servizos TIC por parte das empresas galegas do sector. Subvencionarase o desenvolvemento de aplicacións informáticas en código aberto e de novos produtos e servizos, que sexan ademais para a súa adquisición, uso ou licenza mediante pagamento por parte de terceiros. A outra liña destinada ao sector contempla aspectos como a formación técnica do seu persoal e labores de promoción e comercialización. Tamén prevé apoiar a asistencia a foros especializados de formación tecnolóxica, estandarización e comercialización de produtos nas empresas.
Polo que respecta á segunda das ordes presentada hoxe por Fernando Blanco, destínase a entidades sen fin de lucro que realicen actividades de difusión, sensibilización e formativas no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación. Tamén engloba as actuacións que promovan a produción e difusión de contidos dixitais en galego durante o presente ano 2009. O orzamento desta orde acada os 2,3 millóns de euros repartidos en cinco liñas de subvención: promoción e difusión da sociedade da información (300.000 euros), xeración de contidos dixitais (1,1 millóns) e formación para a cidadanía en xeral, formación especializada para os profesionais do sector e formación enfocada ás PEMES para unha mellor capacitación en materias como comercio e facturación electrónica, as tres dotadas con 300.000 euros cada unha.
O conselleiro recordou por último que estas axudas, que se publicarán no DOG nos próximos días, revelan a aposta do seu departamento por un ámbito ao que se lle está a prestar especial relevo e unha profundización das medidas respecto a anos anteriores. Blanco explicou así mesmo que os últimos datos dispoñibles sobre a sociedade da información indican unha evolución positiva das variables en Galiza nos últimos tres anos. Por exemplo, segundo dixo, a práctica totalidade das empresas de máis de 10 empregados teñen conexión a internet mediante banda larga, e o 25% dispoñen de aplicacións de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións cos clientes. Dende a Consellaría, avanzou, seguiranse a dar pasos de mellora que reforcen a penetración da sociedade da información no mundo empresarial, en particular nas PEMES, así como o desenvolvemento do sector TIC de Galiza.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?