Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cidade da Cultura contará cun macrocomputador para a súa xestión
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cidade da Cultura contará cun macrocomputador para a súa xestión

Fernando Sarasketa
Publicado: 12/01/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cidade_cultura.jpgO polémico complexo de Gaiás, lonxe de todas as discusións que se poidan facer sobre a súa pertinencia (e son moitas), conta con potencial para ser un foco de innovación. Máis polo miúdo, e segundo conta estes días El Correo Gallego, unha parte importante deste compoñente tecnolóxico irá encamiñado a favorecer a xestión integral do complexo: en definitiva, coma pór en marcha un gran mando a distancia que, amais diso, tamén teña feitura de gran cerebro dixital. Concretamente, e a falta de máis de un ano para que a Cidade da Cultura comece parcialmente o seu funcionamento (as primeiras achegas serán as do Arquivo Nacional e a Biblioteca), a entidade que leva as rendas das obras anunciou xa a súa intención de ter desenvolvido os aspectos de control antes có conxunto dos edificios propiamente dito. Esta arela en concreto por seguir unha orde natural que non sempre se segue (exemplos ao noso arredor hai abondos) terá diferentes faces visibles. Unha das máis salientables será a que achegue o macroordenador que exercerá de instrumento de control para a xestión do complexo.
Este equipamento, que segundo conta o dito xornal compostelán estaría operativo nun prazo de sesenta días, terá capacidade para chegar ata o máis miúdo dos procedementos a seguir na Cidade da Cultura: dende o control da calefacción ata a subida e baixada dos ascensores que irán integrados nos seis edificios do recinto. Amais deste gran cerebro de xestión, o complexo disporá de sete equipamentos tecnolóxicos máis de control, máis reducidos e específicos. A idea é habilitar un en cada edificio, ficando o sétimo para a central térmica e a galería de servizos. Sinalar que arestora están xa en funcionamento tres estacións de xestión. Segundo informa a Fundación Cidade da Cultura sobre quen está detrás destes traballos e con que recursos conta, dicir que a entidade vén de contratar á empresa Siemens mediante un concurso público que foi adxudicado por 95.000 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?