Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: China pecha case 100 webs en tres días por ofrecer contidos obscenos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

China pecha case 100 webs en tres días por ofrecer contidos obscenos

Fernando Sarasketa
Publicado: 12/01/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

porno_asiatico.jpgAs autoridades de China son para os contidos supostamente obscenos da Internet un claro exemplo de teimosía e firmeza, non tanto para outros aspectos que lles atinxen directamente, como por exemplo o rexeitamento do pobo do Tibet a seren sometidos polo dito país (postura que pode rematar en cadea perpetua ou paradoiro descoñecido para quen se expresa abertamente a favor dela). Enleadas aparte, o caso é que China vén de pór ao servizo da cruzada anti-inmoridade na Internet unha boa parte dos seus equipos humanos e técnicos, co obxectivo –ao parecer- de que non quede á vista nin un só peito ou nádega. Este inxente labor de ensombrecemento do teoricamente escandaloso non está a ficar no papel: só nun día, o Goberno é quen de pechar ate medio centenar de páxinas web por “ofrecer pornografía e contidos obscenos”, chegando neste intre a 91 os portais da Rede pechados ao longo dun prazo de tres días.
Segundo conta ElPais.es facéndose eco de datos da axencia oficial Xinhua, a medida forma parte dunha tarefa de purificación e, tamén, de cumprimento das normativas: naquel país, a distribución de pornografía é ilegal.
Esta campaña intensiva, dada a coñecer o pasado luns, conta coa participación de seis axencias gobernamentais e da intervención directa do Ministerio de Seguridade Pública daquel país.
Neste intre, por certo, non hai nada que indique un cese de actividade censora. Asemade, ninguén semella estar a salvo do labor de persecución e de acordar cun aviso de peche sobre a súa páxina web. De feito, unha das principais accións levadas a cabo polo Goberno chinés foi poñer no punto de mira aos máis grandes dos máis grandes na Rede chinesa: Google e Baidu, os principais buscadores do país e que, en opinión das autoridades, estanse a comportar moi permisivamente coa pornografía en liña. Tendo en conta o vello dito (refeito para a ocasión) de quen ten web ten medo, tanto os devanditos buscadores como outras 17 páxinas igualmente ameazadas a través da campaña de loita contra inmoralidade en liña cubríronse en saúde ofrecendo unha desculpa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?