Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 2009 será o ano dos miniportátiles
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

2009 será o ano dos miniportátiles

Fernando Sarasketa
Publicado: 13/01/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

netbook.jpgMalia que vivir na Sociedade da Información semella un xeito constante de estar decote facendo prognósticos, todo apunta a que esta época do ano, xusto ao comezar xaneiro, é a especialmente axeitada para que os que viven de lanzar agoiros intensifiquen a súa actividade. De feito, que ninguén deixe de lado o feito de facer previsións no eido tecnolóxico é tamén un xeito de vida: unha chea de blogs e de páxinas xiran arredor diso (habendo tamén un bo feixe de sitios na Rede que se alimentan de localizar prognósticos errados). Enleadas aparte, e sen ánimo de meternos no máis obvio (por exemplo: que en 2009 o número de internautas se vaia incrementar en todos os países), semella que este ano que comeza será o ano do pequeno. Polo menos, no que a acceso ás redes e manexo de datos se refire. O prognóstico, que non ten tanto mérito se vemos a evolución pasada da tecnoloxía (todo segue a tendencia de certas partes do corpo en auga fría: a tendencia a facerse máis miúdo), vén da man dos especialistas reunidos na feira tecnolóxica CES de Las Vegas, onde segundo nos conta Baquia.com albiscouse claramente o futuro do dixital no que se coñece como netbooks (miniportátiles), afianzados xa no mercado e agora con todo o vento a favor na súa carreira comercial en 2009.
Estes dispositivos, indican, tiran proveito dunha realidade universal: as cousas que podemos carretar con nós semellan mellores que as que non. Esta máxima, en parte responsable de que a venda de portátiles sexa xa superior á de ordenadores de sobremesa, constitúe o alicerce do éxito dos netbooks, aínda máis pequenos e limitados que os portátiles máis ou menos convencionais pero máis baratos e, sobre todo, máis móbiles.
Os dispositivos, que na súa contra tamén teñen unha serie de desvantaxes (por exemplo a ausencia de certos equipamentos como o lector de DVD ou un procesador potente), son arestora o obxecto de traballo dunha chea de departamentos de innovación empresariais á procura de prestacións máis avanzadas. Así, que ninguén se estrañe se deixan de ser portátiles axeitados para usuarios que só necesitan computador para navegar ou para ler o correo electrónico e editar un texto: a idea é que teñan cada vez máis capacidade no disco duro (hai modelos que xa acadan os 80 xigas) e pantallas de meirande tamaño. Ou mesmo táctiles, como a do modelo Eee PC Touch (de Asus), presentado precisamente na feira CES de Las Vegas. O miniportátil, dispoñible a partir de marzo, preséntase moi interesante para quen queira un computador que ocupe pouco, que sexa manexable e que achegue un mínimo de funcións e vantaxes: vén a un prezo de 499 dólares e inclúe unha pantalla táctil de nove polgadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?