Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Caixanova formará aos seus empregados a través dunha universidade virtual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Caixanova formará aos seus empregados a través dunha universidade virtual

Fernando Sarasketa
Publicado: 13/01/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

unova.jpgA entidade financeira Caixanova vén de dar un paso a prol da ampliación dun mundo, o virtual, que en boa maneira vai dirixido a achegar o que lle falta ao real: dispoñibilidade de acceso ilimitada, supresión de atrancos físicos, accesibilidade íntegra, interactividade, etc. Máis polo miúdo, o traballo de Caixanova neste eido céntrase sobre todo na formación a distancia, concretamente no da formación superior para os seus empregados. Nisto e noutras consiste Unova, a Universidade Corporativa de Unova, presentada este luns polo presidente da entidade, Julio Fernández Gayoso, e o director xeral da caixa, José Luis Pego. O proxecto, que xa está ultimado para entrar en funcionamento ao longo deste mesmo mes, apóiase en dos escenarios: o do ámbito das universidades físicas que todos coñecementos (só que orientada neste caso ao eido interno dos traballadores) e o das universidades virtuais. A iniciativa contará cun campus central en Vigo e campus satélites nas principais cidades galegas, así como en Madrid e Barcelona. Asemade, haberá un campus dixital para a aprendizaxe a distancia accesible dende calquera recanto.
A idea dos responsables de Caixanova, amais de contribuír á formación e a mellora da experiencia dos seus empregados, é favorecer a unión entre os mesmos. “Grazas a estas plataformas”, indica a entidade, “o espallamento xeográfico do equipo de Caixanova -171 das 586 oficinas da rede comercial da entidade están fóra de Galicia e 13 delas no estranxeiro- non será un atranco para mellorar a súa formación con accións homoxéneas”.
Polo que respecta á estrutura das actividades formativas e aos contidos, sinalar que a idea é potenciar sobre todo a capacitación en liña do equipo interno a través do campus virtual, ofrecéndose unha variada oferta de cursos interactivos. A maiores, está prevista a presentación e posta en marcha dun novo procedemento de ensinanza que enriquece a actividade formación máis ou menos clásica co que está máis preto da experiencia práctica posterior (sen selo): a simulación virtual. Esta metodoloxía estará representada a través de Teu Axudante de Formación (TAF), personaxe que explica de xeito ameno e claro os contidos incluídos en cada programa específico ao empregado.
Segundo explicaron na súa presentación os responsables de Caixanova, a idea é recoller o modelo máis ou menos tradicional de universidade cos seus campus e decanatos e complementala co máis innovador das novas tecnoloxías en materia de aprendizaxe. Así, a Universidade Corporativa contará con un total de sete escolas (o que serían facultades con cadanseu decanato): tres de elas especializadas en liderazgo, unha comercial, unha técnica, unha de idiomas e, por último, unha de ofimática.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?