Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha Atoupa.es, o buscador-dinamizador da Costa da Morte
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha Atoupa.es, o buscador-dinamizador da Costa da Morte

Fernando Sarasketa
Publicado: 13/01/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

atoupa.es.jpgA Rede galega segue a medrar, e en ocasións con ferramentas específicas que reflicten certo grao de madurez. E todo malia os atrancos históricos que aquí temos: atrancos que teñen que ver co desleixo de certas empresas e entidades por levar o acceso á Internet a todos os recantos da nosa terra. Leas aparte, a Rede galega vaise abrindo camiño (malia todo) e mesmo alí onde a oferta de conexión a Internet non é precisamente do mellor e máis completo. É o caso da Costa da Morte, que vén de acoller a aparición dun buscador específico para esta ampla comarca galega e que, polo tanto, inclúe un servizo de procura propio con palabras ligadas de xeito directo a esta área xeográfica. Falamos de Atoupa.es, portal creado por Laborábit, firma con emprazamento en Cee e especializada na posta en marcha de software propio para a xestión empresarial e espazos en liña corporativos.
A iniciativa, que xa está en activo dende Nadal, foi referenciada os días pasados por El Correo Gallego nunha extensa reportaxe. Nela dásenos conta dos obxectivos principais da proposta: achegar á comunidade internauta galega unha ferramenta útil que, ademais disto, sexa un espazo de comunicación e un atopadoiro para todos os internautas que por razóns de traballo ou de lecer teñan o seu ámbito de actuación na Costa da Morte.
A ferramenta Atoupa.es, que está a ser lanzada promocionalmente cunha campaña que semella dirixida a afianzar o uso de Internet na devandita bisbarra atlántica (o seu lema é Todos na Internet), ofrece a maiores un servizo de aloxamento web para as empresas cen por cen de balde. Con este obxectivo, e como xeito particular de impulsar o uso da Rede ata nas empresas dos sectores que máis se resisten a deixarlle paso, inclúense no portal unha serie de recursos para crear unha páxina propia, principalmente a través da ferramenta O paxinador. Asemade, Atoupa.es incorpora asesoramento en liña e un dicionario con todo tipo de explicacións sobre os termos máis empregados na Rede.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?