O mundo do modding (a transformación ao gusto do usuario do equipo informático e dos seus compoñentes e periféricos), vai paseniño obtendo recoñecemento e, o que máis importante, pulo comercial. Nesta liña é onde se insire o concurso que vén de inaugurar hoxe mesmo Microsoft e que manterá aberto ata este venres 16: Personaliza o teu Arc Mouse. A idea básica consiste en promover e premiar a personalización de elementos da nosa vida cotiá, os tecnolóxicos, que corren o risco de sufrir o mesmo proceso de homoxeneización có dos automóbiles: longas e longas fileiras de aparellos gris-metalizado e con semellantes feituras e medidas. Neste caso concreto o trebello suxeito a modificacións será o Arc Mouse, o rato de deseño para usuarios de PC e Mac e que, a partir de xa, fica aberto a que os internautas-artistas lle metan man e deixo oficial e recoñecido. Coma en calquera concurso, o recoñecemento terá face visible: dende unha viaxe dunha fin de semana a París para dúas persoas a unidades do rato en cuestión, pasando pola comercialización dos deseños máis salientables para o xurado.
Para participar, o primeiro que temos que facer é visitar a web www.creatuarcmouse.com e logo, unha vez nela, deixar constancia da nosa proposta creativa particular a través de calquera programa de deseño (previa descarga de dúas imaxes do Arc Mouse). Unha vez feitos os traballos precisos deberemos envialo todo ao seguinte enderezo: creatuarcmouse@hotmail.com. A continuación, os deseños serán avaliados por un xurado constituído por Isabel Herrero (xefa de produto SDA de Microsoft Ibérica), Daniel Cervantes (director rexional E&D de Microsoft Ibérica) e Charuca Vargas (deseñadora).
Microsoft premiará os mellores deseños sobre o Arc Mouse
Compartir Este Artigo

