Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AGESTIC e Xóvenes Agricultores informarán das vantaxes das redes en 60 núcleos do noso rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AGESTIC e Xóvenes Agricultores informarán das vantaxes das redes en 60 núcleos do noso rural

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/01/2009
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

agestic_xovenes_agricultores.jpgRecoller o modelo irlandés de dinamización das redes no rural a través dunha proposta que non carece de lóxica: o aproveitamento das entidades que xa dinamizaban antes da chegada da Internet. Por exemplo: as asociacións agrarias. Este é un dos alicerces do novo programa de espallamento dixital apoiado polo Ministerio de Industria que está a preparar na nosa terra o colectivo AGESTIC: Impulso Rural. A iniciativa, que se vai desenvolver entre xaneiro e marzo en estreita colaboración con Xóvenes Agricultores, incluirá entre outras actividades ata 60 accións formativas noutras tantas localidades das nosas catro provincias. O obxectivo: fomentar fóra das grandes cidades a aposta pola Sociedade da Información, plena de vantaxes para absolutamente todos os sectores económicos e sociais do rural: ata para os teoricamente máis afastados da cousa dixital. Máis polo miúdo, o que se pretende é afianzar os usos das redes da información na xestión das explotacións agro-gandeiras, cooperativas, empresas autónomas, negocios turísticos ou teletraballo.
Segundo informou AGESTIC en Santiago esta semana, aos obxectivos devanditos hai que engadir con esta medida un compromiso pola mellora de condicións de traballo dun colectivo especialmente ligado ao noso ámbito non urbano: o dos autónomos e autónomas, que arestora representan unha cifra de 234.000 cidadáns en Galiza. Para a asociación, unha iniciativa como Impulso Rural é positiva non só para informar polo miúdo das utilidades das redes entre amplas franxas da nosa sociedade que aínda non tiveron sequera un primeiro contacto con aquelas, senón tamén para relembrarlles ás empresas responsables de achegar accesos dixitais e ás institucións a importancia de habilitar conectividade naquelas zonas (moitas) que aínda non dispoñen dela.
“Na actualidade”, comentou o responsable de AGESTIC, José María López Bourio, “o ADSL no rural vai dez veces máis lento ca na cidade, e se pode dicir que hai máis de 8.000 núcleos de poboación aos que aínda non chegou a conectividade”. Para López Bourio, non é preciso facer grandes e custosas estatísticas para dar conta de primeira man do desleixo de Telefónica á hora de contar con clientes illados nas aldeas. Nunha liña crítica semellante situouse tamén o secretario xeral técnico de Xóvenes Agricultores, Juan Orozco, quen durante a rolda de prensa de presentación de Impulso Rural, tivo palabras de queixa respecto ao que considera unha marxinación dixital do noso agro por parte dos entes públicos: “No campo exprópiannos as fincas para facer autovías, para instalar parques eólicos, para instalar redes eléctricas…, pero logo non podemos gozar deses adiantos. Agradecemos ao Ministerio de Industria que apoie esta iniciativa, pero ten que saber que, polo menos en Galicia, os seus propios obxectivos non están cumpridos en absoluto, como de xeito trabucado presumen na súa web”. A seu xuízo, o problema da ausencia de Internet en amplas áreas da nosa xeografía é un problema herdado de décadas, mesmo de antes da chegada da Rede: relembroulles aos presentes os graves atrancos que aínda teñen algunhas familias para ter un servizo de telefonía básica en condicións. Para Orozco, é preciso facilitarlles aos agricultores ferramentas que lles eviten os desprazamentos ás vilas: “Queremos poder facer todo o papeleo das Consellerías do Medio Rural e Medio Ambiente, pero tamén queremos sacar os permisos de caza e pesca, e beneficiarnos da banca electrónica”.

Recursos da campaña

Segundo informou AGESTIC, a iniciativa de dinamización Impulso Rural contará con profesionais especializados que atenderán aos interesados que teñan explotacións ou negocios non só no sector primario senón tamén no comercio e os servizos, os obradoiros ou os profesionais como carpinteiros ou electricistas. Ademais de aprenderlles a usar os buscadores de Internet na procura de emprego ou teletraballo, familiarizaranos coas ferramentas de intercomunicación internáutica ou as vantaxes de contar con factura e sinatura electrónica, ademais de ensinalos a pedir cita no médico ou na ITV do coche, facer a declaración da renda, consultar o catastro, matricularse na universidade ou facer cursos on-line.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?