Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sanidade dixitalizará en 2009 os seus servizos de radioloxía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sanidade dixitalizará en 2009 os seus servizos de radioloxía

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/01/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sergas_hospital_costa.jpgAlgo tan sinxelo e familiar como un arquivo físico de radiografías está a piques de formar parte do pasado. Polo menos, en determinados centros sanitarios galegos e en virtude da introdución das novas tecnoloxías favorecida pola Consellería de Sanidade, está a ser así. Por exemplo: no Hospital da Costa, en Burela, onde a Xunta vén de informar do remate do proceso de dixitalización do seu servizo de radioloxía, o que evitará entre outras cousas o emprego físico de radiografías, ecografías ou tomografías, amais de favorecer a accesibilidade e recuperación dos arquivos dende calquera centro sanitario.
O proxecto, que se vai estender ao longo deste ano que comeza nos ambulatorios de todo o país, significará un novo paso nun proceso, o de dixitalización da sanidade, que en moitos aspectos ofrece vantaxes moi semellantes ás utilidades que a Administración Electrónica pon en xogo. Así, ao igual que na dixitalización dos trámites convencionais, os pacientes veranse ceibos de carretar placas ou arquivos físicos durante as súas visitas médicas, amais de vérense limitados á información albergada por un único centro sanitario.
En virtude deste proceso de dixitalización, as probas radiolóxicas poderanse arquivar e avaliar no computador e transmitilas a través das redes a outros departamentos. Como dixemos e segundo anunciou a conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio Vidal, na súa visita a Burela, ao longo deste ano a informatización irase trasladando aos centros de saúde da zona, que manterán o contacto a través da rede co seu hospital de referencia. A gran finalidade da Consellería con estas medidas é mellorar as prestacións e reducir as listaxes de espera, proceso que irá acompañado da introdución de innovacións tecnolóxicas e do aumento de persoal.
Na imaxe, de AGN, a conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio, durante a súa visita ao centro de Burela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?