Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Biodiversidadevirtual: a meirande base datos participativa sobre o medio natural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Biodiversidadevirtual: a meirande base datos participativa sobre o medio natural

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/01/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

biodiversidade_virtual.jpgOs proxectos científicos de envergadura, ata o de agora especialmente custosos pola necesidade de poñer en xogo múltiples recursos técnicos e humanos, están a atopar na Rede o combustible que lles faltaba. Sobre todo, se o que requiren para chegar a bo porto é unha multiplicación de achegas: onde antes había un grupo de científicos cun número reducido de computadores e demais ferramentas, agora é posible facer da sociedade e dos seus equipos diversos unha ampliación da sede de traballo. Nisto se apoian os responsables de Biodiversidadevirtual, un proxecto do que se dá conta estes días na Plataforma SINC e que consiste basicamente nunha gran base de datos (con face na web) sobre o medio natural na que se recompilan e catalogan fotografías de especies animais e vexetais realizadas por fotógrafos, naturalistas e seareiros voluntarios. O portal, segundo explica un dos seus responsables na dita plataforma, é un portal do noso tempo: aberto na súa integridade á participación. Esta vontade de ampliar o laboratorio ata onde sexa posible tradúcese basicamente no seguinte: calquera fotógrafo afeccionado pode poñer a súa pedra no edificio. O único que se require, amais de non ir a ningures sen a cámara dixital, é respectar e querer á natureza. O resultado: estamos moi posiblemente ante a web participativa de temática natural de maior envergadura.
O modo de funcionamento do sistema é o seguinte: os usuarios, logo de facer o rexistro pertinente dos nosos datos, podemos subir e ver no servidor fotografías das plantas e animais que teñamos atopado nas nosas excursións.
A continuación, teremos que clasificalas como especie. Máis tarde, un grupo de traballo constituído por un centenar de científicos voluntarios levará a cabo o labor de revisión e concreción, ata onde sexa posible na escala, “xa que ás veces a imaxe en si non permite o detalle”, di Ordóñez. Asemade, sinalar que tamén se vai tirar partido dos novos recursos de emprazamento no mapa dos achados: todas as imaxes aparecen xeolocalizadas, incluíndo datos sobre a latitude e altitude do sitio exacto onde se tirou a imaxe.
O proxecto, que non ofrece compensación económica polas achegas dos usuarios en xeral, incorpora tamén unha plataforma enciclopédica chamada Wikibv, onde se tira proveito do ronsel da Wikipedia pero cunha vontade máis específica de dar conta do coñecemento, neste caso o da natureza. Amais dos científicos que se encargan de facer as devanditas revisións, no proxecto participan arestora 1.200 fotógrafos, maquetadores e programados. Actualmente a base de datos ten xa 65.000 imaxes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?