Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Oleiros incorpora tecnoloxía dixital avanzada para as comunicacións da Policía Local e Protección Civil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Oleiros incorpora tecnoloxía dixital avanzada para as comunicacións da Policía Local e Protección Civil

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/01/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Presentación dos novos servizos de comunicacións de Democom en Oleiros
Presentación dos novos servizos de comunicacións de Democom en Oleiros
O Concello de Oleiros e a empresa operadora galega Democom presentaron esta semana o sistema de comunicacións que a devandita firma TIC vén de incorporar na Policía Local e no corpo de Protección Civil do Concello. Esta tecnoloxía, que sitúa ao municipio coruñés na vangarda tecnolóxica das transmisións para emerxencias, permitirá entre outras funcións coordinar as comunicacións con outros departamentos de policía da comarca mediante unha canle única e privada. A colaboración entre o Concello de Oleiros e Democom, que se remonta a hai preto dun ano (coas probas de funcionamento e cobertura do servizo ata que a infraestrutura estivo plenamente operativa), beneficiará non só aos axentes da policía local e protección civil, senón tamén á propia cidadanía, segundo informaron os responsables da iniciativa conxunta. Máis polo miúdo, sinalouse, as vantaxes da comunicación dixital postas en xogo entre os devanditos corpos (melloras na calidade de voz, mapas en tempo real con todos os equipos posicionados) redundarán nunha meirande eficacia dos mesmos, tanto nos tempos de resposta como á hora de coordinarse entre eles.
Para Democom, unha das grandes vantaxes achegadas pola súa tecnoloxía é sen dúbida a do posicionamento: permitindo ver nun mapa en tempo real xeolocalizados todos os efectivos mellorará en boa medida a calidade de xestión e control dos mesmos. Polo que respecta á duración no tempo do acordo entre a empresa e o Concello de Oleiros, sinalar que no convenio establécese a achega de servizos de voz, datos para enviar mensaxeiría curta, posicionamento en liña e servizo de mantemento 24×7, por un período inicial de dous anos en réxime de aluguer, “polo que non foi necesaria ningunha inversión inicial e non lle suporá ó Concello ningún gasto adicional á cota mensual acordada”, aclarou a firma tecnolóxica durante a presentación deste servizo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?