Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Google, a prol dun mercado da música máis libre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Google, a prol dun mercado da música máis libre

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/01/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

David Eun, vicepresidente de Relacións na Sección de Contidos
David Eun, vicepresidente de Relacións na Sección de Contidos
O debate sobre a comenencia ou non de poñerlle fin aos vellos modelos de distribución discográfica foi ata hai ben pouco un debate desigual. Dunha banda estaban as grandes empresas do sector coas súas sociedades de xestión de dereitos e unha boa cantidade de institucións e entidades velando polos seus intereses, e da outra unha parte importante dos seareiros e das empresas de menor entidade. Con todo, os tempos están a mudar esta situación e as posibilidades que ten arestora a industria tradicional de seguir mantendo en alto o símbolo da súa filosofía de mercado, un CD a 20 euros protexido de copia, xa non semellan tantas nin tan firmes. De feito, entre outras alianzas, aos que defenden a remodelación lles está a saír un aliado de peso, Google, que a través das declaracións vertidas no marco do MIDEN (Cannes) polo vicepresidente de Relacións na Sección de Contidos, David Eun, vén de asegurar que a súa compañía non quere xa oír falar da estrutura actual da industria da música. É máis: sitúase en contra dos modelos antigos de managers e aposta de xeito decidido por tirar proveito ao máximo das novas tecnoloxías e plataformas.
Segundo sinala EFE dende a devandita feira internacional sobre música, as opinións de Eun non só van encamiñadas a defender un novo xeito de distribuír estes produtos a través da Rede, senón tamén a abrir vieiros para mellores e máis completos eidos de comunicación entre cidadáns. E todo a través doutra forma de comunicación na que non reparamos como se merece: a música. A xuízo de Eun, compartir cancións pola Rede non só é popular, senón que tamén é moi interesante dende o punto de vista da relación entre as persoas e entre elas e as empresas.
Por certo que o directivo de Google tamén tivo palabras para achegar o seu punto de vista sobre o funcionamento dun dos sitios onde a xuízo da industria tradicional menos se respectan os dereitos das licenzas pechadas de autor: o servizo YouTube, propiedade de Google. Na súa opinión, non é certo que en YouTube se permita facer de todo, xa que (di) hai medidas que facilitan a identificación dunha infracción sobre a propiedade intelectual, pero (engade) tamén é certo que nunha boa parte dos casos se lles permite aos usuarios que penduren todo tipo de vídeos. A fin de contas, manifestou, “As persoas que soben as pezas non son especialistas no eido da propiedade intelectual… eles só aman a música!”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?