Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: RENFE presenta esta semana en Santiago a súa web accesible
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

RENFE presenta esta semana en Santiago a súa web accesible

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/01/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

agestic_xornadas_accesibilidade.jpgA Asociación Galega de Empresas das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (AGESTIC), segue adiante co seu compromiso a prol de levar a Rede a todos os recantos da nosa sociedade, mesmo –polos motivos que sexan- a onde non se escoitou falar dela. É neste labor de divulgación e de dinamización onde se insiren os encontros que organiza esta semana en Santiago de Compostela: as Xornadas de Accesibilidade na Web, a desenvolver os días 21, 28 e 29 de xaneiro no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia que a Consellería de Traballo inaugurou recentemente na zona de Conxo.
A xuntanza, que como o seu propio nome indica vai encamiñada a tirar abaixo as barreiras que seguen a manter fóra da era dixital a colectivos con risco de exclusión, busca fomentar o máximo compromiso posible por parte de empresas, entidades públicas e universidades. Para o desenvolvemento destas xornadas e para acadar o máximo poder de convocatoria, AGESTIC contará coa participación de INTECO (a través do Centro de Referencia en Accesibilidade e Estándares Web), AENOR e RENFE, entidade que aproveitará o marco achegado para presentar en primicia –o día 21- a súa páxina accesible. En opinión da devandita asociación empresarial galega, a importancia destes encontros é tripla, tendo en conta os beneficios sociais da loita contra a exclusión dixital: investir en accesibilidade é investir en responsabilidade social empresarial, na mellora da usabilidade da Web e no incremento da súa audiencia. Amais, engade AGESTIC, a empresa que aposte pola universalidade dixital estará a cumprir coa Lei de Medidas de Pulo da Sociedade da Información que obriga ás compañías consideradas grandes a contar, como mínimo, cun nivel medio de accesibilidade nos seus sitios web. Por certo que a xornada deste mércores dará comezo ás 10.45 coa recepción de asistentes para rematar logo á hora do xantar cunha rolda de preguntas e respostas sobre os beneficios da accesibilidade moderada por INTECO.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?