Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha empresa de Oleiros desenvolve un buscador intelixente que entende o que se lle require: Gurú
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha empresa de Oleiros desenvolve un buscador intelixente que entende o que se lle require: Gurú

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/01/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

netex.jpgDin os especialistas en comunicación que na linguaxe practicada no dixital, nese ir e vir de correos electrónicos, entradas nos blogs cos seus comentarios ou mensaxes instantáneas, pérdese unha cantidade importante de contido e, o que case é máis importante, redúcese a marxe para a interpretación correcta do que se transmite. Para entendérmonos: dáselle cancha aos malentendidos. Algo semellante acontece coa comunicación que mantemos coas máquinas: sistemas, buscadores, asistentes e demais. Se algo se nos perde polo camiño, as ferramentas da Web dificilmente son quen de reconstruír o elo da cadea que falta. Chegar ata onde ninguén chegou en materia de interpretación e entendemento é o gran obxectivo do equipo de Netex (na imaxe), unha empresa con sede en Oleiros (A Coruña) que, segundo informa estes días a Consellería de Innovación nos seus boletíns web, vén de desenvolver unha ferramenta de procura en liña que entende (por fin) as nosas palabras. É dicir: non se limita só a oílas, senón tamén a escoitalas. O sistema, que como se pode supoñer está baseado no emprego de intelixencia artificial (entende o que se lle di e relaciónao cos datos que ten para dar a resposta máis completa e precisa), supón un paso adiante nun eido, o dos recursos web, afianzado de máis nos procedementos automáticos. Por dicilo dun xeito que se entenda: a ferramenta desenvolvida imita á comunicación oral entre persoas. Por certo que o recurso xa ten nome: Gurú.
Segundo informa a Consellería de Innovación (que colabora no proxecto a través do seu plan de axudas INCITE e unha cifra concreta: 175.000 euros para os anos 2007 e 2008), o desenvolvemento ten un amplísimo abano de aplicacións, ben sexa no eido público ou no empresarial (páxinas web, intranets, eAdministración, catálogos en liña de produtos). Con todo, hai unha que cómpre salientar de entre todas elas: a da aprendizaxe en liña. Neste senso, a ferramenta xa está a ser integrada en Kubbe, unha plataforma de formación a distancia social creada por Netex na que os usuarios se relacionan entre si cun sistema de comunidades e con múltiples recursos de comunicación e participación.
A ferramenta Gurú, que conta tamén co apoio do Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago (USC), é segundo os seus creadores unha incursión plenamente galega na era 3.0 da Sociedade da Información: a da Web intelixente. En palabras de Joserra Mosteiro, socio e director de I+D+i de Netex, “Gurú é un produto que cumpre os parámetros da web semántica, sendo quen arestora de interpretar e interconectar un maior número de datos, de xeito que a información sexa comprensible para as máquinas”. Esta é precisamente a clave do proxecto e o que marca a diferenza con outros de semellantes características: que os datos sexan algo máis que datos para as máquinas, que teñan significado. Para este fin, para que a web-información teña un sentido real, os responsables do proxecto tiveron que botar man dunha codificación ben concreta: as ontoloxías: formulacións que definen conceptos e as relacións entre eles representando a información de xeito formal e interpretable polos computadores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?