Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: RENFE presenta en Santiago a súa nova web e fai un chamamento a prol da accesibilidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

RENFE presenta en Santiago a súa nova web e fai un chamamento a prol da accesibilidade

Fernando Sarasketa
Publicado: 21/01/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

renfe.jpgA Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC) celebrou hoxe en Santiago unha xuntanza empresario-institucional encamiñada a procurar máis compromiso na nosa terra a prol dun tipo abondo específico de universalización: a das ferramentas dixitais. O encontro, que terá continuidade os días 28 e 29 deste mes no mesmo emprazamento (o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia), serviu tamén para que entidades procedentes de toda España amosasen os seus casos de éxito en materia de accesibilidade na Web. Dito doutra maneira: para animar ás entidades galegas a traballar de xeito individual e conxunto na supresión de todos os atrancos da Rede que impiden a conexión plena dos colectivos con diversidade funcional. Entre as entidades asistentes puidemos atopar a RENFE, quen aproveitou a ocasión para dar a coñecer en primicia os detalles de forma e contido da súa nova web, a xuízo de María Eugenia Fernández (xefa de Sistemas de Colaboración e Comunicación da firma ferroviaria) unha das apostas máis decididas do panorama español en materia de accesibilidade.
A páxina, que estará operativa o mes que vén, significará entre outras cousas a equiparación definitiva de todos os cidadáns no que a igualdade de condicións perante os servizos en liña de RENFE atinxe. Isto, con independencia das diversidades funcionais do usuario, explicou a empresa.
Neste senso, a idea de RENFE, sinalou Eugenia Fernández, non consistiu unicamente en cumprir cos requirimentos da Lei de Medidas de Pulo á Sociedade da Información (que obriga ás institucións e ás empresas a cubrir uns parámetros mínimos de accesibilidade), senón en ir alén do que esixe a Lei.
A páxina, de especial relevancia nun ámbito estatal, o español, onde hai arredor de catro millóns de persoas con algún tipo de diversidade funcional (das que unhas 250.000 son galegas), significa a xuízo de RENFE unha aposta pola universalidade e a adaptabilidade en dous grandes niveis: o da forma (que é decote o prioritario neste tipo de labores) e o do fondo (que é o nivel que máis se soe deixar de lado). Ditou doutro xeito: ao longo dos meses de traballo empregados na liberación de atrancos do espazo web da empresa revisáronse disposicións, presentacións e soportes (suprimíronse unha chea de arquivos en pdf, multimedias, flash ou animacións), pero tamén semánticas e contidos, co fin de poñelos en orde e adaptalos á realidade actual. Un exemplo disto último foi a inclusión integral de todas as linguas oficiais no Estado español: “Para nós”, sinalou a xefa de Sistemas de Colaboración, “apostar pola realidade plurilingüe española e por extensión dos viaxeiros e usuarios españois foi tamén un labor de accesibilidade”.
A posta a punto da nova web, que contou coa colaboración e asesoramento de INTECO (órgano para o desenvolvemento das redes presente na xornada de AGESTIC), requiriu a participación de todo o persoal da empresa ferroviaria con relación máis ou menos directa co seu espazo en liña: dende os encargados de marketing e publicidade (que polo tanto tiveron que renunciar a formatos como flash e apostar por banners en barreiras) ata os xestores e os programadores. Con todo, e malia os resultados acadados (á vista en breve), Eugenia Fernández non quixo poñerlle o punto final ao labor de accesibilidade, un labor continuo, afirmou, “no que, como quen di, aínda nos estamos a estrear”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?