
Este novo espazo sería a primeira canle televisiva dun político que tiraría proveito dos nomes de dominio internacionalizados (IDN) para achegarse aos internautas, posto que se pode acceder a esta web tanto dende o dominio tourino.tv coma dende touriño.tv (operativo dende a práctica totalidade dos navegadores web actuais), aínda que non será a única web socialista en facer tal, senón que o espazo reservado á campaña electoral de cara aos comicios autonómicos que antes existía baixo o dominio Presidentetourino.com, agora tamén está accesible baixo o dominio Touriño.net, repetindo esta aposta polo uso do eñe como carácter diferenciador na Rede.

Cómpre destacar que a nova televisión na Internet de Touriño emprega tecnoloxía galega, pois a reprodución dos seus vídeo corre a cargo do reprodutor desenvolvido por LambdaStream, empresa coruñesa que leva tempo apostando pola televisión a través da Rede.
Os erros de Touriño.tv
O xornalista e consultor de medios Juan Varela dende o seu blog quixo destacar que a canle de vídeo estreada polo PSdeG-PSOE comete 3 erros que prexudicarán a participación e o impacto viral da súa campaña: – En contra de coma fan as canles de vídeo do PP e do BNG, os vídeos de Touriño non se poden incrustar en páxinas web alleas (o que reduce a súa difusión) – Touriño inicia a súa andaina co vídeo respondendo a directores de medios de comunicación galegos en vez de a cidadáns – Touriño.tv non ofrece ningunha visión persoal do candidato, ningunha alocución ou diálog dirixido directamente aos votantes, nin unha historia persoal, más aló dun primeiro vídeo promocional moi institucional

