David Bustamante, o cántabro que mellor promove a súa terra (anchoas incluídas) despois do incansable presidente Miguel Ángel Revilla, xa tivo un 2008 que non puído ser mellor, ao estrear novo disco, gozar dunha xira de éxito e ser pai por primeira vez, vén agora de comezar 2009 estreando o reality show do que falamos na nosa web o pasado verán e a “cousa” non pinta tan mal.
O pseudo-documental, que se chama Bustamante, un dos nosos, un reality show, vén a ser algo semellante ao que xa fixera Melendi para ser descargado nos móbiles pero o “extriunfito” foi máis alá e creou a gravación para ser vista tamén en Internet.
A fragmentación da audiencia e a inclinación dos máis novos pola Rede fixeron que Endemol, a produtora do proxecto, mailo propio artista, se decantaran por esta idea, que se traduciu nunha serie de 20 capítulos semanais a razón de seis minutos cada un.
O cantante explica que este proxecto recolle o seu día a día con tódalas súas alegrías, tristuras, traballo, música…e defíneo como “unha cousa divertida e innovadora” (se ti o dis…).
A serie estrearase en exclusiva no portal MSN España, na web oficial de Bustamante, en Terra TV e en ADN Stream. En telefonía móbil, só os usuarios de Orange terán o privilexio de poder disfrutar dunhas imaxes sen igual.
Bustamante estrea o seu propio reality show na Rede
Compartir Este Artigo

