Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Granxafamiliar.com gaña apoios: os das empresas de transporte Tourline Express e Integra2
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Granxafamiliar.com gaña apoios: os das empresas de transporte Tourline Express e Integra2

Fernando Sarasketa
Publicado: 23/01/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

granxa_familiar_captura.jpg Granxafamiliar.com, un dos proxectos galegos nos que máis se aposta por integrar o uso da Rede na economía rural (e viceversa), está a recibir estes días importantes apoios para o seu desenvolvemento e, tamén, para o incremento dos seus integrantes: ata o de agora dúas ducias de explotacións agrarias da nosa xeografía. A proposta, orixinada en Antas de Ulla e Brión e logo estendida a Lalín e outros concellos, veu da man do Grupo de Investigación Sociedade, Tecnoloxías e Territorio da Universidade de Santiago de Compostela (Gis-T Idega). Este departamento da USC, comprometido non só coa posta en marcha do proxecto senón co seu medre, vén de asinar acordos de colaboración coas empresas de transporte Tourline Express e Integra2, dúas firmas con importante presenza en Galiza, España e, por extensión, nos principais mercados potenciais das devanditas granxas galegas e dos seus produtos.
En definitiva, en virtude deste convenio búscase intensificar as actividades de venda e distribución directa e sen intermediarios, dándose especial importancia a aqueles produtos que requiran máis necesidade de refrixeración e sen que o prazo da entrega vaia alén dos dous días (reducíndose nalgúns casos a unhas poucas horas).
Segundo apuntaron os tres colaboradores nesta iniciativa conxunta, a idea básica é semellante a de calquera acordo de participación en mancomún, pero con especiais vantaxes engadidas: todas as partes saben beneficiadas, tanto os compradores (que terán antes os produtos á súa disposición), como os vendedores (que melloran e optimizan a rede de reparto e achega) como o propio equipo de investigación responsable de Granxafamiliar.com, que dará pasos adiante en materia de esculca e avaliación de novos xeitos de mercar e vender a través da Rede.
Polo que respecta ás empresas de transporte, grazas a esta iniciativa poderán afianzar a súa presenza e actividade en Galiza e España, amais do seu prestixio (posto que contribúen a espallar produtos de primeira calidade e que apostan por novas vías comerciais alternativas ás convencionais).
O convenio, que foi presentado esta mesma semana, pon ás granxas galegas integrantes da rede en disposición de levar as súas colleitas a calquera punto da nosa xeografía e da Península por enteiro, colleitas nas que (por poñer uns exemplos) inclúense produtos que tradicionalmente se destinaban ao consumo familiar e que agora achegan novas oportunidades de riqueza e desenvolvemento económico: hortalizas, viño ou mel. Como dixemos, o convenio asinado tamén representa unha aposta por un novo tipo de comercio a todos os niveis: xa non estamos a falar só dunha venda e distribución acordada a través das novas tecnoloxías (que achegan inmediatez, seguridade e comodidade, amais de evitar desprazamentos: para os que venden e para os que mercan), senón tamén dunha actividade comercial que non precisa de intermediarios, hoxe en día os meirandes beneficiarios da achega de produtos dende o rural ás cidades e a costa de todos os implicados: os produtores e os clientes. Para o equipo responsable de Granxafamiliar.com, facéndose eco de datos subministrados pola Coordinadora Estatal de Organizacións de Agricultores e Gandeiros (COAG), xa é hora de buscar vías substitutivas máis xustas cos que venden e cos que mercan. Segundo informacións de COAG, as cadeas de intermediarios obteñen, sen apenas asumir riscos, unha marxe que a miúdo supera o 450% de ganancias sobre o prezo en orixe dos produtos agrarios, e acadando valores que no caso das patacas e das laranxas “chegan a superar o 1000%”, matizan os membros de Gis-T Idega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?