
Estes obradoiros contan con materiais didácticos así como co asesoramento dun equipo de titores e titoras e poderán ser realizados polos usuarios e usuarias “cando, como e onde queiran, ao seu ritmo”.
Os interesados en formalizar a súa inscrición nestes obradoiros poden facelo dende a web da Rede de Dinamización onde poden acceder de maneira directa a un catálogo cos obradoiros ofertados coa descrición de cada un deles e información de interese como o número de horas ou os contidos.
A primeira edición dará comezo o vindeiro día 26 e posteriormente, segundo a demanda, haberá outras sucesivas.
A temática dos obradoiros ofertados é variada e a duración de todos eles oscila entre as cinco e as sete horas, tralas que, os asistentes, recibirán un certificado acreditativo de ter asistido ao curso.
Entre a oferta inicial da Consellaría, cómpre salientar algúns obradoiros como A Internet para persoas maiores, dirixido ás persoas que son máis susceptibles de quedar á marxe da implantación da sociedade da información ou Recursos na Internet para inmigrantes, onde todas aquelas persoas que viven fóra do seu país poden atopar distintos recursos que lles poden facilitar a súa estancia.
Aspectos legais das Novas Tecnoloxías, Navegación Segura na Internet, Opera co teu banco ou caixa a través de Internet ou Axiliza os teus trámites coa Administración Pública a través da súa oficina virtual, son outros dos obradoiros destacados dun total de 18 que compoñen a oferta xeral.
A listaxe completa dos obradoiros dispoñibles é a que segue:
1. Internet para persoas maiores
2. Aspectos legais nas Novas Tecnoloxías
3. Navegación segura na Internet
4. Opera co teu banco ou caixa a través de Internet
5. Recursos na Internet para inmigrantes
6. Sácalle rendemento á cámara dixital
7. Retoque fotográfico
8. Realización de Mailing
9. Procesador de textos
10. Folla de cálculo
11. Presentacións
12. Comunicacións dende o teu computador: correo electrónico, faxe e teléfono.
13. Busca de emprego a través da Internet
14. Axiliza os teus trámites coa Administración Pública a través da súa oficina virtual
15. Contas con Calc
16. Iniciación á Informática
17. Iniciación á Internet
18. Correo electrónico
Innovación pon en marcha un programa de aprendizaxe a distancia para a cidadanía
Compartir Este Artigo

