Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A rede WiMAX de Santiago estará totalmente operativa en breve
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A rede WiMAX de Santiago estará totalmente operativa en breve

Fernando Sarasketa
Publicado: 26/01/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Mapa orientativo da cobertura que terá a rede WiMAX compostelá
Mapa orientativo da cobertura que terá a rede WiMAX compostelá
Xa vai quedando menos para que en Santiago comece a estar operativa a rede WiMAX que vén de promover o Concello para a zona vella da cidade. Segundo informa estes días La Voz, o Goberno local -a través do seu departamento de Rehabilitación e Cidade Histórica- levará a cabo os días vindeiros unha iniciativa de divulgación sobre as vantaxes da rede, os puntos de conexión e os xeitos que van ter os cidadáns de acceder a ela. Neste senso, a web de Raxoi ofrece dende hai semanas un mapa de cobertura onde se indican as zonas que recibirán servizo. A maiores, os responsables da infraestrutura (o Concello e a empresa adxudicataria do proxecto e encargada da xestión, Colabora Enxeñeiros) aproveitaron os días pasados para avaliar os accesos e localizar posibles eivas de equipamento. Malia todo, xa hai recursos operativos: os que achega unha das redes sen fíos que se van ofertar como engadido no casco vello. Esta infraestrutura, en funcionamento arestora nas prazas de Praterías, Quintana, Toural, Fonseca, Obradoiro, Cervantes, Porta do Camiño, Mazarelos, praza dá Universidade e Praza de Abastos, baséase na tecnoloxía Wi-Fi (sen fíos). A rede, que tamén se estendeu a xeito de proba ao Parque de Belvís (co gallo de avaliar o nivel de servizo que pode achegar nun espazo de lecer aberto), fica neste intre e por estar en período de probas aberta ao libre uso dos cidadáns: máis tarde, deberá ser de pago.
Con todo e pese a ser de balde mentres non se lle dan os últimos axustes, non será cen por cen de balde (a lei o permite) e os seus usuarios só poderán acceder á Internet cunhas restricións sobre o seu uso e sobre o tempo en que poderán tirarlle partido.
O obxectivo da Concellería de Rehabilitación e Cidade Histórica de Santiago non é outro que facer uso das vantaxes do equipamento (pulo á Sociedade da Información, achegamento da mesma á cidadanía) para poñer en valor o casco vello e adaptalo aos tempos que corren sen que perda a súa identidade. Segundo informa o Concello na súa web, o orzamento desta actividade é de 550.000 euros, encamiñados aos estudos previos e ao despregamento das infraestruturas.
A tecnoloxía pola que se opta, o WiMAX, apóiase no caso concreto de Compostela na instalación de tres piares: tres antenas en lugares estratéxicos que cubrirán a práctica totalidade da cidade vella. Esta rede, como dixemos, compleméntase con recursos Wi-Fi (sustentando á súa vez sobre 11 piares) que son os que están arestora achegando servizo libre (polo de agora) aos cidadáns. A intención do Concello de Santiago non é só levar a Internet á zona monumental (área onde precisamente as empresas privadas non subministran acceso de banda larga), senón tamén aos espazos rurais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?