Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Bugalicia recibe fondos para sustentar a contratación de recursos electrónicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Bugalicia recibe fondos para sustentar a contratación de recursos electrónicos

Raquel Noya
Publicado: 26/01/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (Bugalicia) recibirá durante este ano 2009 unha achega de preto de 5 millóns de euros procedentes da Xunta e das tres universidades galegas para ser destinados á contratación de recursos electrónicos dirixidos, sobre todo, á comunidade científica do país, aos docentes universitarios e aos estudantes de terceiro ciclo que o soliciten.
A devandita entidade ten como principal obxectivo apoiar de xeito continuo aos servizos bibliotecarios das nosas institucións académicas superiores, a través da cooperación interbibliotecaria. O seu propósito é, máis polo miúdo, favorecer a produción científica que se está a desenvolver na nosa comunidade, poñendo a disposición dos estudantes, docentes e investigadores “unha ferramenta tecnolóxica de enorme utilidade”.
A directora técnica responsable da iniciativa, Victoria Millor, asegura que o meirande uso que se lle pode dar a esta aplicación é “acceder a través da Rede a un alto número de recursos electrónicos de información científica”, tales como “bases de datos, revistas e libros electrónicos, xestores bibliográficos e ferramentas para potenciar a publicación dos investigadores das universidades galegas en revistas de alto factor de impacto”.
O acceso aos recursos en liña de información electrónica esténdese a toda a comunidade universitaria e está permitido tanto dende as propias bibliotecas dos campus como dende os departamentos dos propios investigadores, persoal docente e universitarios de terceiro ciclo.

Máis de 20.500 e-revistas, 4.359 e-books e medio cento de bases de datos

Na actualidade a comunidade científica universitaria galega ten acceso a múltiples bases de datos, libros e revistas electrónicas froito dos recursos consorciados, que manteñen cubertos todos os ámbitos de coñecemento con amplitude.
Hoxe, o volume de revistas electrónicas accesibles grazas a Bugalicia ascende a 20.673 títulos a texto completo, que se suman aos 4.359 libros da biblioteca en liña e preto de medio cento de bases de datos referenciais, 46 en total.
Asemade, Bugalicia proporciona outro tipo de material de consulta a través da Rede, como 10.517 actas de congresos e os denominados estándares, elementos de consulta indispensable no eido das enxeñerías.
A todo isto hai que sumarlle as ferramentas de xestión bibliográfica dixital como Refworks, que lle permiten a toda a comunidade universitaria almacenar unha base de datos persoal de investigación, intercambiar investigacións con colegas e descargar bibliografías en diferentes formatos de acordo ás esixencias das diferentes publicacións.
A directora técnica de Bugalicia, indica que a traxectoria de Bugalicia está sustentada pola racionalización e adecuación dos recursos ás necesidades da comunidade científica universitaria galega, e que unha parte fundamental da labor do Consorcio é a racionalización de todos os recursos que proporciona, adecuándoos ás liñas de investigación do Sistema Universitario de Galicia, a través do estudo pormenorizado e continuado da produción científica dos seus investigadores, “que entendemos e que desenvolvemos como unha das principais liñas do noso traballo”, conclúe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?