Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Ministerio de Industria da conta dos resultados obtidos co seu Préstamo TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Ministerio de Industria da conta dos resultados obtidos co seu Préstamo TIC

Raquel Noya
Publicado: 26/01/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

plan_avanza-4.jpgSegundo datos ofrecidos recentemente polo Ministerio de Industria, xa son máis de 100.000 as empresas que se beneficiaron dos empréstamos ao cero por cento de interese postos en marcha en 2006 pola devandita entidade para a adquisición de equipamento TIC e conexión a banda larga.
En concreto, a finais do ano 2008, os empréstamos as empresas mobilizaron, segundo os responsables da promoción, máis de 1.087 millóns de euros, o que permitiu que ao longo do período 2006-2008 se beneficiaran un total de 100.545 entidades; isto supón un importe medio de financiamento por empresa superior aos 10.800 euros.
Por outra banda, no mesmo período os empréstamos a cidadáns mobilizaron 216,6 millóns de euros, cun total de 177.382 beneficiarios da axuda. Deste total, algo máis de 188 millóns de euros (156.225 préstamos) corresponden a axudas para cidadáns en xeral e 28,36 millóns (21.157) a axudas para a mocidade e universitarios.
Sumando as cifras de pequenas e medianas empresas e de cidadáns beneficiarios desta iniciativa, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, no marco do Plan Avanza, outorgou ata decembro de 2008, uns 280.000 empréstamos, cun financiamento de 1.303,7 millóns de euros.
O Préstamo TIC permítelle ás pequenas e medianas empresas acceder aos financiamentos a interese cero para a conexión á banda larga e o equipamento TIC (equipos físicos e aplicacións informáticas), cun importe máximo de 200.000 euros, renovables por anualidades.
As achegas de apoio de capital a cidadáns constitúen, por outra banda, “unha medida de especial transcendencia no marco dun dos obxectivos fundamentais do Plan Avanza”: o desenvolvemento do sector TIC e a adopción xeneralizada e intensiva destas tecnoloxías por parte de empresas e cidadáns.
O éxito do programa explícase, segundo as verbas dos principais responsables do mesmo, “tanto polas súas atractivas condicións como polo seu innovador mecanismo de xestión, que logrou a máxima dispoñibilidade e alcance para empresas e cidadáns”.
A liña de financiamento articúlase a través dun convenio de colaboración co Instituto de Crédito Oficial (ICO). A práctica totalidade das entidades de crédito adheriuse á liña e o listado completo pode consultarse premendo nesta ligazón.
Os interesados poden obter máis información sobre este tipo de empréstamos na web do Ministerio de Industria ou a través de Planavanza.es.
Asemade, existen dous números de teléfono aos que poden dirixirse, que son o 901 200 901 de atención telefónica do Ministerio de Industria e 900 121 121 de atención telefónico do ICO.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?