Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A embaixada galega en FITUR dá conta dos recursos turísticos do país pola Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A embaixada galega en FITUR dá conta dos recursos turísticos do país pola Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/01/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

turgalicia.es_nova_web-420x404.jpgA feira de turismo estatal FITUR abriu as súas portas este mércores para dar a coñecer, dende Madrid, o máis salientable do eido español e internacional na actividade empresarial vinculada ás viaxes, a gastronomía ou á cada vez máis variada oferta de aloxamento. Segundo advirten os responsables do salón (que fica aberto ata o domingo 1 de febreiro), as novidades vinculadas ao turismo teñen cada vez máis unha feitura e un desenvolvemento dixital: a actividade turística propiamente non só se procura e xestiona a través das redes, senón que tamén se vive. Neste marco físico-virtual é onde se están a mover, precisamente, as delegacións galegas público-empresariais desprazadas á feira FITUR, Consellería de Innovación e Vicepresidencia inclusive.
Para facérmonos unha idea: este ano Galiza non só conta con stand físico no recinto IFEMA, senón que tamén achega un stand virtual: o da web www.galiciafitur2009.com, da que xa falamos hai uns días en Código e que está arestora servindo de xanela cara ao mundo de todo o que se organiza no emprazamento orixinal.
De feito, a idea dos responsables da páxina web (o equipo de Turgalicia, dependente da Consellería de Innovación), era achegar con este espazo un apoio para a difusión das actividades de promoción do turismo na nosa terra e, tamén, unha xanela que cubrise e ofrecese en tempo real todo o presentado no IFEMA. Sen ir máis lonxe, hoxe foi posible atender á presentación dunha guía sobre os atractivos gastronómicos e festivos de Lugo, Ourense e Pontevedra, estando prevista para a tarde a posta en longo dos paquetes FEGATUR de turismo rural ou dos recursos paisaxísticos e de lecer de Arousa Norte.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?