O operador galego de radiocomunicacións dixitais profesionais Democom vén de presentar ante os membros da Garda Civil de A Coruña a súa unidade móbil para a xestión e a coordinación de emerxencias (Posto de Mando Avanzado de Emerxencias), amosando en detalle o funcionamento da mesma mediante unha demostración práctica.
Esta unidade móbil está equipada coas máis avanzadas tecnoloxías e vén preparada para acoller ata oito postos de traballo. Porén, a súa meirande utilidade reside na posibilidade de ser desprazada a calquera punto da nosa xeografía para, dende alí, coordinar traballos vinculados coa seguridade e as emerxencias de xeito eficaz e rápido.
Os membros da Garda Civil da Coruña acolleron con grande interese a presentación desta ferramenta de Democom e mostraron moita satisfacción ao “comprobar que o sistema lles podía facilitar amplamente as comunicacións cos demais membros do corpo de seguridade e da Policía Local”.
O acto tivo lugar o pasado martes 27 de xaneiro no Cuartel da Garda Civil da Coruña (Lonzas) e a el acudiron, entre outros mandos do instituto armado, Manuel Ferreiro Losada, xeneral xefe da Zona de Galicia e o tenente coronel xefe da Provincia da Coruña, Jorge González.
A Garda Civil da Coruña estrea unidade móbil para a coordinación de emerxencias
Compartir Este Artigo

