Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AGESTIC e Xóvenes Agricultores comezan esta semana a súa xira para a promoción da Rede no rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AGESTIC e Xóvenes Agricultores comezan esta semana a súa xira para a promoción da Rede no rural

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/01/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

agestic_agricultores_xira.jpgO programa Impulso Rural que na nosa terra están a desenvolver AGESTIC e Xóvenes Agricultores chegou esta semana a unha fase crucial da súa aplicación práctica: a xira de espallamento dixital polos eidos da nosa xeografía máis afastados das grandes cidades. A iniciativa, que se vai desenvolver entre xaneiro e marzo e que conta co apoio do Ministerio de Industria, inclúe 60 accións formativas noutras tantas localidades das nosas catro provincias. O obxectivo: fomentar fóra das grandes cidades a aposta pola Sociedade da Información, plena de vantaxes para absolutamente todos os sectores económicos e sociais do rural: ata para os teoricamente máis afastados da cousa dixital. Máis polo miúdo, o que se pretende é afianzar os usos das redes da información na xestión das explotacións agro-gandeiras, cooperativas, empresas autónomas, negocios turísticos ou teletraballo.
agestic_asaja_2.jpgSegundo informou AGESTIC en Santiago recentemente, aos obxectivos devanditos hai que engadir con esta medida un compromiso pola mellora de condicións de traballo dun colectivo especialmente ligado ao noso ámbito non urbano: o dos autónomos e autónomas, que arestora representan unha cifra de 234.000 cidadáns en Galiza.
A xira de Impulso Rural comezou o día 26 en Vilalba e Guitiriz para logo trasladarse a Viveiro e Burela (este mércores 28 de xaneiro), Foz e Barreiros (29), Cospeito e Castro de Rei (30), Monforte e Sarria (día 2 de febreiro), Monterroso e Lalín (día 3), Chantada e Vila de Cruces (día 4), Coles e O Carballiño (día 5 de febreiro), Boborás e Leiro (día 6), Ribadavia e Ponteareas (día 9), A Guarda e Tomiño (día 10), Tui e Mondariz (11), Redondela e Marín (día 12), Moaña e Vilagarcía (día 13), Arzúa e Melide (día 16), Vedra e A Estrada (día 17), Padrón e Cambados (día 18), Cuntis e O Grove (día 19), Boiro e Ribeira (día 20), Becerreá e A Fonsagrada (día 25), Mondoñedo e Mugardos (día 26), Betanzos e Pontedeume (día 27), Abegondo e Ordes (día 2 de marzo), Carballo e Santa Comba (día 3) e Vimianzo e Muros (día 4). Asemade, está programada (aínda que as datas e os horarios non sexan totalmente definitivas) a concorrencia da xira en O Barco e A Rúa (o 19 de marzo), en Maceda e Allariz (o día 20), en Castrelo de Miño e A Bola (o día 21), en Rairiz de Veiga e Xinzo de Limia (día 22) e máis en Verín e Castro Caldelas, o día 23.
Na imaxe, a presentación oficial da xira en Compostela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?