Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Santiago dá conta dos prezos finais e as condicións da súa rede WiMAX
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Santiago dá conta dos prezos finais e as condicións da súa rede WiMAX

Fernando Sarasketa
Publicado: 30/01/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

baudia_produtos.jpgO Concello de Santiago vén de dar máis detalles sobre o despregue (xa feito) e a posta en funcionamento (en marcha) da Rede WiMAX iCompostela, un servizo encamiñado a achegar acceso sen fíos á Internet alí onde ata o de agora, polas circunstancias de conservación do casco vello e do seu contorno, era especialmente dificultoso para as operadoras. En definitiva: concluída xa a fase de equipamento e mergullados o Concello e máis a firma responsable dos traballos (Colabora) en levar a cabo os derradeiros axustes, a iniciativa sitúase arestora nunha fase crucial do seu desenvolvemento: a fase de promoción. Con este fin, o Goberno local ten programada unha campaña informativa para dar conta polo miúdo das vantaxes, condicións e prezos da Rede entre a veciñanza. En termos xerais e para ir facéndonos unha idea, dicir que o equipamento ofrecerá acceso móbil á Internet (a través do Wi-Fi, gratis e permitindo sesións de 15 minutos, habilitado nas prazas de Praterías, Quintana, Toural, Abastos, Fonseca, Obradoiro, Cervantes, Porta do Camiño, Universidade, Mazarelos e Belvís), xeolocalización e información contextual. Estes dous servizos, accesibles no Obradoiro, A Quintana, Praterías, Toural e Fonseca, permite facer un cálculo da nosa posición na cidade e, en base a iso, recibir datos que estean ligados a ese escenario concreto
Polo que respecta a un dos puntos máis importantes da Rede WiMAX, o seu prezo, dicir que corre por conta da firma concesionaria e fica en liña directa coa situación actual do mercado, polo que non se poden agardar custes moito máis accesibles cós que achegan as restantes operadoras. Hai dous tipos de contrato: Névoabase (algo máis de medio mega de velocidade e 25 euros ao mes, con 10 xigas de límite de descarga mensual) e Névoaplus (39 euros e incluíndo un mega de velocidade e sen límites de descarga).
As condicións achegadas, xunto ás tarifas de accesos temporais (dende 6 euros por unha hora ata os 75 mensuais), están a provocar críticas abertas ao servizo e as súas vantaxes, limitadas, polo que di El Correo Gallego, ao feito de ceibarnos de dar de alta unha liña no fogar. Segundo informa o devandito xornal, ao problema dos elevados custes cómpre engadir outro sobre as propias condicións de acceso ofrecidas polo sistema: co mega que se subministra de conexión, só se nos permitiría visitar un número ben limitado de webs, impedindo de calquera xeito intercambiar contidos pola Rede ou descargalos.
Contacto coa empresa para dar de alta o servizo
Segundo informa o Concello de Santiago, as persoas interesadas en obter máis datos sobre o equipamento achegado ou contratar os servizos de pagamento teñen que se dirixir á empresa concesionaria a través do teléfono 981 909 175 (de luns a venres en horario de 9.00 a 18.00h) ou da páxina web www.baudia.es. Proximamente procederase á distribución de folletos en castelán e inglés con toda esta información.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?