Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Participación galega nas semifinais do certame de negocios Beertual Challenge
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Participación galega nas semifinais do certame de negocios Beertual Challenge

Fernando Sarasketa
Publicado: 30/01/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

beertual_challenge.jpgA Internet é un mercado sen límites e unha plataforma de venda que nos libera de moitas das obrigas e dos gastos en infraestruturas que normalmente van ligados á posta en marcha dunha iniciativa empresarial. En certo xeito, a Rede achega o emprazamento sen límite que estabamos a procurar. Nesta liña de aproveitar as posibilidades do virtual é onde se están a situar catro estudantes dos Campus de Ourense e Santiago no vieiro de consolidar un negocio de simulación en liña que abra unhas cantas portas aos máis que posibles mozos e mozas emprendedores/as que veñan detrás. Estamos a falar da firma cervexeira virtual Pomelo. A compañía, radicada no ficticio país de Beerland, vén de ser impulsada por Pablo Gutiérrez, Silvia Costas e Cristina Fernández, acompañados para a proposta de Pablo Encabo, estudante da Universidade de Santiago.
Segundo informa a páxina web da Universidade de Vigo, a iniciativa non só constitúe un exemplo para as máis que posibles propostas reais da mocidade galega no camiño do empresariado-dixital, senón que lles serviu tamén de palestra para chegar ás semifinais do xogo de negocios Beertual Challenge que organiza a fabricante da cervexa Coronita, o Grupo Modelo.
Por certo que o camiño destes catro estudantes no dito certame non foi o que se pode entender por un camiño chairo: tiveron que competir con ata 1.800 participantes de todo o mundo para chegar ás semifinais. Arestora e con todo, o vieiro a seguir por este equipo do Máster en Creación, Dirección e Innovación na Empresa da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense tampouco semella ben doado: ás semifinais chegaron un total de setenta equipos. Porén, Pablo, Silvia e Cristina non estarán sós representando a Galiza: no dito grupo hai outro equipo galego procedente da Universidade de Santiago. Trátase do equipo Takamatsu Tax Shields, que podemos ver no sitio en liña de Universia xunto aos restantes competidores actualmente activos.

Os premios

Os seis grupos que logren chegar ao final desta dura competición de negocios, tres en cada categoría, gozarán dun abano variado de premios. No apartado de licenciatura os galardóns son para o primeiro un MBA, máster en administración de negocios, nunha universidade clasificada entre as 15 mellores do mundo; para o segundo posto o mesmo premio pero nunha universidade que se atope entre o número 15 e 30 das mellores valoradas e para o bronce o MBA será nunha universidade do seu país. No tocante á categoría de máster os premios son os seguintes: o primeiro equipo clasificado viaxará a China durante tres semanas; o segundo dúas semanas a Europa e o terceiro unha semana a Canadá; todos eles visitarán nos seus respectivos destinos aos cónsules comerciais, as autoridades políticas rexionais, as universidades e a contactos culturais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?