Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: IBM achega detalles sobre Sequoia: terá a capacidade de 2 millóns de portátiles
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

IBM achega detalles sobre Sequoia: terá a capacidade de 2 millóns de portátiles

Fernando Sarasketa
Publicado: 03/02/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

roadrunner.jpgCon crise ou sen ela, as grandes empresas do sector tecnolóxico fan en boa medida o que xa facían antes da focha produtiva mundial. Se nos intres previos á costa abaixo a liña estratéxica era acadar cada pouco o computador máis avanzado e potente, moi poucos condicionantes económicos van conseguir que se pare a maquinaria. Nesta liña de inercia innovadora é onde se está a mover IBM, que logo de presentar perante o mundo o equipo informático máis rápido, volve á carga –sete meses máis tarde- cun anuncio de impacto: a inminente preparación dun supercomputador que equivalería en capacidade a dous millóns de portátiles traballando ombro con ombro. Asemade, sería 20 veces máis rápido que o equipo máis potente do mundo. En boa medida, a multinacional acomete a preparación da ferramenta seguindo o modelo dos grandes estaleiros galegos nunha gran encarga: vaille entregar o equipamento ao Departamento de Enerxía de Estados Unidos nun prazo de dous anos.
Máis polo miúdo, o ordenador en cuestión irá destinado a ceibar o seu potencial de computación no Laboratorio Nacional Lawrence Livemore, segundo indica Reuters.
O ordenador de IBM, que xorde co significativo nome de Sequoia (árbores milenarias especialmente presentes no noroeste dos Estados Unidos), contará cun rendemento de 20 petaflops, superando con moito ao seu predecesor, que opera arestora no dito Departamento de Enerxía e que foi saudado como histórico ao ter crebado a barreira da unidade de petaflops. A sede de IBM en Rochester, Minnesota, está a dar acubillo ao deseño e desenvolvemento do novo supercomputador. A idea da multinacional, amais de achegar servizos de computación nunca antes achegados, é apostar tamén por un emprego eficaz da enerxía. Con todo, nada hai que indique que será pequeno: ocupará case un centenar de andeis do tamaño dun refrixerador nun espazo de 318 metros cadrados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?