
Dende Vieiros destacan algúns dos vídeos de este estilo publicados na Rede, entre os que destaca a pouca orixinalidade de imitar iniciativas anteriores. Así, igual que Barack H. Obama tiña o seu reggaetón, agora é Anxo Quintana a quen dedican unha composición musical semellante; para Núñez Feijóo, en cambio, decidiron modificar o famoso vídeo da Obama Girl, para que parece que amosa o seu apoio ao candidato popular (o que tamén se reforza dende o blog I Love Feijóo); finalmente Emilio Pérez Touriño tense que conformar cunha versión modificada do vídeo de introdución de El Coche Fantástico que se titula O presidente fantástico.
Estes clips non van acadar a repercusión do de Eu Son Anxo Quintana e a súa parodia, pero son un bo exemplo dos cambios que a Internet leva aos xeitos de facer política.
Distintos vídeos en YouTube pretenden apoiar con moito humor aos candidatos á presidencia da Xunta
Compartir Este Artigo
