
Na súa intervención, Fernando Salgado expuxo que o proceso de dixitalización do audiovisual conleva moito máis que unha simple remuda tecnolóxica. Así, incidiu, «ten que ser moito máis que o viño de sempre en novas botellas». Ademais da dixitalización da difusión que ten que ver coa televisión dixital terrestre, cinemas dixitais e audiovisual por internet, prodúcese unha dixitalización integral de toda a cadea de valor do audiovisual e mesmo do resto dos fluxos de traballo das empresas audiovisuais; arquivo, xestión financeira e de persoal, adquisicións, contratación e emisión de publicidade.
Neste sentido, o secretario xeral de Comunicación subliñou que a dixitalización facilita unha nova maneira de facer e entender o audiovisual. Un cambio que, no caso das televisións públicas, debe servir para «reforzar o seu papel de servizo ao cidadán, para diferenciarse de entre todas as opción dispoñibles e garantir un uso eficiente dos recursos públicos».
Fernando Salgado destaca a que a dixitalización do audiovisual promove a democratización dos medios
Compartir Este Artigo
