O Bloque Nacionalista Galego vén de reforzar a súa presenza na Rede cun novo espazo electoral dirixido en boa medida a facer chegar os seu contidos de partido do xeito máis doado e fluído posible: bng-galiza.org. A web, que cómpre unir a unha achega web xa de por si completa por parte dos nacionalistas, apóiase sobre todo no emprego da imaxe como canle de comunicación e reclamo: inclúe seis xanelas en portada coma outras tantas vías de acceso aos contidos do programa electoral, entre os que se conta Quin.tv, o álbum de fotos e vídeos (flickr), formularios para enviar propostas, axenda de actos dos cabezas de listaxe e o recurso Facebook para “facerse amigo” de Anxo Quintana.
Asemade, a páxina incorpora unha serie de pestanas na parte superior para coñecer de primeira orde a opinión das candidatas e candidatos sobre diversos temas de interese social ou, tamén, poñérmonos ao día sobre as súas biografías e os pasos a seguir durante a campaña autonómica. A maiores, inclúese un apartado para novas vinculadas ao partido e outro máis abaixo, de titulares (teletipos), no que se ofrece unha achega máis completa de información permanentemente actualizada. Á páxina, posta en marcha este xoves 5, tamén podemos chegar a través do dominio bngqueremosmais.org.
Nova web electoral do BNG
Compartir Este Artigo

