Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os plans urbanísticos estarán accesibles para os cidadáns na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os plans urbanísticos estarán accesibles para os cidadáns na Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/02/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

plan_urbanistico-3.jpgRed.es e o Ministerio de Vivenda veñen de unir esforzos para acadar que os plans urbanísticos das administracións públicas e os cidadáns estean un pouco máis preto. A iniciativa, posible grazas á mediación das novas tecnoloxías do coñecemento, foi dada a coñecer onte polos devanditos departamentos do Goberno nun acto oficial no que tamén se deron a coñecer os orzamentos: 57 millóns para a execución en catro anos. Máis polo miúdo, o proxecto consiste en abrir unha nova xanela institucional na Web ao servizo da sociedade, que poderá ter unha participación máis activa no deseño dun planeamento urbanístico calquera, dende a súa redacción ata a súa aplicación. Asemade, búscase que a iniciativa teña vantaxes paras as propias administracións: por unha banda asistirá á dixitalización de todos os plans (co que se mellorarán o control, a xestión e o acceso) e, pola outra, será obxecto dun proceso de interoperabilidade. O Programa Urbanismo en Rede, do que as devanditas actuacións forman parte, contará con Red.es en labores de adhesión das entidades locais, labores entre os que se contan a dixitalización do planeamento xeral ou a implantación do programa de aplicacións para a xestión e refundido dos ficheiros do planeamento (sentando deste xeito as bases do Rexistro de Planeamento Municipal). Asemade, a entidade Red.es tamén asumirá a implantación dos servizos en liña de explotación dos datos por parte dos técnicos dos concellos e do visor web para o acceso dos cidadáns.
En boa medida, o Programa Urbanismo en Rede vai encamiñado a achegar fluidez a procesos administrativos que ata o de agora implicaban longas listaxes de trámites para os cidadáns. Entre estes cóntanse os que teñen que levar a cabo os interesados en ter contacto cos dossiers dos datos urbanísticos dos concellos, dossiers que, por outra banda, non sempre ofrecen datos facilmente interpretables polos veciños e veciñas.
O programa pretende solucionar estes puntos permitindo o acceso ás devanditas fontes dun xeito “doado e inmediato”: o usuario ou usuaria poderá descargar fichas urbanísticas completas, consultar información puntual sobre parcelas ou espazos do seu interese, clasificacións, categorías do planeamento, cualificacións do solo, referencias catastrais, etc. Para máis información sobre estes proxectos cómpre consultar o informe Urbanismo e tecnoloxías da información en España publicado por Red.es na seguinte ligazón.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?