Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Empresas e institucións amosan o seu apoio ao Día Europeo da Internet Segura
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Empresas e institucións amosan o seu apoio ao Día Europeo da Internet Segura

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/02/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

safer_internet_children.jpgO vindeiro martes 10 de febreiro celébrase unha data especialmente importante para esa franxa da poboación que se pode considerar xa a cabalo de dous mundos: o de toda a vida e o dixital. Máis concretamente e sen saírmonos da dita franxa de poboación, a efeméride toca de preto aos internautas que menos altura levantan. Falamos pois do Día Europeo da Internet Segura, unha celebración que, como o seu propio nome indica, avoga por un tipo safo de gran canle da información: un tecido virtual de arañeira onde, a diferenza das reais, non quedemos atrapados nada máis caer nela. A xornada europea, en inglés Safer Internet, vén este ano con feitura de xogo para nenos de entre 10 e 15 anos de todos os países da UE. O obxectivo do xogo-enquisa, no que se pode participar a través de insafequiz.eun.org, non é outro que fomentar a sensibilización para un emprego seguro da Rede. A proposta, que inclúe preguntas sobre cultura, historia ou Internet segura, dará como resultado (logo da participación arredor deste martes 10 de febreiro) un ranking cos gañadores que serán publicados na propia web do Día Europeo: Saferinternet.org.
Por certo que a UE non estará soa no desenvolvemento desta xornada: contará entre outros moitos co apoio de Chaval.es (que xa está dando a coñecer as diferentes actividades previstas), Microsoft, a Asociación Española de Pediatría, Protégeles e a Federación de Asociacións de Scouts de España.
Sinalar que estas últimas catro entidades, xunto coa Comisión Europea, teñen previsto reunirse este 10 de febreiro en Madrid para dar a coñecer a posta en marcha dun proxecto conxunto para promover o uso de Internet de xeito máis responsable, con especial fincapé na protección aos cativos. A proposta, que non coincide coa celebración do dito Día Europeo por casualidade, incluirá unha chea de iniciativas e activades a desenvolver os vindeiros meses e co gran obxectivo de divulgar entre pais, nenos e educadores os xeitos de acadar unha Rede máis segura. O proxecto darase a coñecer ás 10 horas na sede da Comisión Europea no Paseo da Castellana, e contará entre outros coa presenza de Juan Carlos Fernández, director de Consumo de Microsoft Ibérica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?