Esta semana a Policía Nacional anunciou a culminación con éxito da primeira operación a escala estatal contra a comercialización de dispositivos non autorizados de copia e manipulación de videoxogos para a Nintendo DS e DS Lite na que se efectuaron 15 rexistros nos que se incautaron 1.150 dispositivos M3 DS Real.
A operación iniciouse tras a denuncia de Nintendo contra a empresa propietaria dunha coñecida cadea de distribución de produtos informáticos nos que está á venda o dispositivo mencionado, sorprendendo bastante que se concretase nunha redada, pois os trebellos incautados non serven exclusivamente para piratear xogos de DS, senón que tamén abren a posibilidade de executar software caseiro ou reprodución música e vídeo, funcións non incluídas de serie na consola portátil de Nintendo, e que son totalmente lícitas, polo que non sería constitutivo de delito, xa que os M3 DS Real son o equivalente para DS dos modchip para as consolas domésticas, e lembremos que o ano pasado o Xulgado de Instrucción nº 8 de Valencia xa arquivou unha causa pola comercialización de mochips para PS2 por non consideralo delito.
Operación policial contra a piratería da Nintendo DS
Compartir Este Artigo

