Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Microsoft e a Generalitat de Catalunya colaborarán na dixitalización das aulas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Microsoft e a Generalitat de Catalunya colaborarán na dixitalización das aulas

Fernando Sarasketa
Publicado: 17/02/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

President_Montilla-SteveBallmer.jpgMicrosoft quere afianzar a súa presenza onde vai collendo pulo a comunidade internauta do mañá: nas escolas. Neste senso, e probablemente co obxectivo de gañarlle terreo ás correntes informáticas diametralmente opostas ás súas (as do software libre) dende as raizames mesmas, a multinacional está a procurar acordos coas administracións con competencias en materia de ensinanza. Nesta liña é onde se insire o convenio asinado esta semana coa Generalitat de Catalunya para colaborar de xeito conxunto na promoción de contidos dixitais para o seu emprego cotiá nas aulas. Así o fixeron saber o presidente do Goberno catalá, José Montilla, e máis o presidente de Microsoft, Steve Ballmer, quenes sinalaron o potencial do pacto para desenvolver outro potencial ben concreto: o das mozas e mozos da comunidade educativa en materia de desenvolvemento tecnolóxico, propio de seu e alleo.
Para ir collendo corpo, o traballo en común materializarase nunha achega de computadores con pantalla táctil (Tablet PCs). Este fornecemento informático, que dará comezo nun centro de ensinanza secundaria de Lleida, inclúe –en palabras de Generalitat e de Microsoft- a implantación dun novo tipo de aula directamente inserida na vida dixital: nela, os estudantes e os mestres poderán facer uso intensivo e personalizado dos ordenadores individuais con pantalla táctil.
Asemade, a iniciativa inclúe a incorporación dun novo axente activo: as familias. A idea é facer uso intensivo das novas ferramentas postas en xogo para a creación de comunidades virtuais e colaboradoras, ferramentas nas que se inclúen contas de correo electrónico personalizadas de xeito gratuíto e en catalán coa plataforma live@edu de Microsoft. A maiores, darase forma e pulo a un programa de formación para o persoal docente que participe na experiencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?