Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sanidade aposta polo accesible no seu novo portal para promotores do SAGa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sanidade aposta polo accesible no seu novo portal para promotores do SAGa

Fernando Sarasketa
Publicado: 17/02/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

saga.jpgO compromiso pola accesibilidade non debe atinxir só ás barreiras físicas: a comunicación e o coñecemento, dereito de todas e todos, teñen que ser chairos e universais para que se poida falar plenamente de Sociedade da Información. No caso contrario, se proliferan os atrancos en liña, estaríase a perder a gran oportunidade do século: a oportunidade de facer que a Internet non sexa unha reprodución máis das eivas do sistema previo á Rede. Paseniño, a través desta web imos dando conta de pasos concretos dados no camiño da accesibilidade virtual, como por exemplo os anunciados hai pouco por RENFE ou o CERMI (denunciando a quen non cumpra uns criterios mínimos de universalidade), sendo nesta liña, aínda que a menor escala cuantitativa, onde se sitúa a nova proposta da Consellería de Sanidade: un novo portal web que poida ser usado plenamente por todas e por todos.
O espazo, que dá cobertura aos promotores do sistema SAGa (ferramenta de xestión integral da información do Sistema Acreditador da Formación Continuada das profesións sanitarias de Galicia), foi presentado hoxe mesmo nunha xornada presidida polo director xeral de Aseguramento da Consellería, Germán González Pazó.
Máis polo miúdo e segundo fontes deste departamento da Xunta, o novo portal xorde co obxectivo de ser accesible, útil e transparente, constituíndo o último dos treitos do desenvolvemento e implantación do dito SAGa: aquel dende que o que se informa e se forma sobre a ferram
enta. “Este portal”, sinala a Consellería, “permite o seguimento do estado de tramitación e situación do expediente dunha actividade por parte do provedor da mesma, e fará posible, dende a entrada en vigor da nova normativa do procedemento de acreditación, a comunicación telemática, con manexo integral da documentación en formato dixital durante todo o ciclo de acreditación”. Asemade, incorpora a vantaxe de permitir a recepción da documentación íntegra de todas as accións suxeitas a seren avaliadas en formato electrónico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?