Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os enxeñeiros en Informática informan polo miúdo ao BNG da problemática da profesión
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os enxeñeiros en Informática informan polo miúdo ao BNG da problemática da profesión

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/02/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cpeig_bng.jpgPara os membros do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) este intre que estamos a vivir de campaña preelectoral é un intre especialmente axeitado para relembrarlles as súas demandas aos partidos políticos que entran en xogo nos comicios e saber, de primeira man, ata que punto estes terán en conta as súas propostas no programa de goberno para os vindeiros catro anos. É nesta liña de achega de solicitudes e demandas onde se insire, precisamente, a reunión mantida onte en Santiago entre os representantes do devandito Colexio e a candidata número dous do BNG pola provincia da Coruña, Ana Pontón. Máis polo miúdo, a xuntanza serviu entre outras cousas para que os colexiados lle fixesen chegar a súa inquietude sobre o estado de desregularización no que se atopan tanto os estudos de Enxeñería en Informática como a propia profesión en si mesma.
A reunión, que para o CPEIG tivo o seu precedente directo noutra xuntanza mantida a semana pasada co candidato popular Alberto Núñez Feijoo (estando pendente arestora a confirmación do encontro co PsdeG), contou coa presenza de Fernando Suárez Lorenzo e Xosé Antón Campos, presidente e vicetesoureiro do Colexio (respectivamente) do Colexio. Ambos os dous coincidiron á hora de sinalar a gran problemática actual deste sector laboral na nosa terra: a ausencia de regulación e dunha responsabilidade profesional que veña obrigada e garantida por lei.
O obxectivo desta demanda, sinaláronlle á candidata do BNG, non é outro que mellorar na medida do posible a calidade dos recursos que se ofrecen, amais de protexer á cidadanía de posibles fallos informáticos motivados pola neglixencia ou pola falta dunha preparación e certificación axeitadas. “O reforzo da Enxeñaría Informática”, engadiron, “redundará, en último termo, no progreso e competitividade de Galicia e de España”.
Amais destas peticións, o compromiso polo reforzamento do papel da profesión na nosa terra tivo perante Ana Pontón outra solicitude ben concreta de cara aos vindeiros catro anos de lexislatura: a creación dun corpo específico para a súa titulación na Administración autonómico de maneira que se aposte de xeito firme polos titulados e tituladas nas distintas enxeñerías de informática como garantes da boa saúde dos sistemas informáticos. Ao seu xuízo, este labor continuo e optimizado de supervisión é fundamental, tendo en conta o papel cada día máis importante que teñen os ditos sistemas para o bo funcionamento dunha chea de eidos da nosa sociedade: transporte, xustiza, sanidade, protección da cidadanía, etc.
No que se refire á postura adoptada pola candidata nacionalista durante a reunión mantida en Santiago de Compostela, sinalar que en liñas xerais se baseou nun recordamento abondo concreto: o do compromiso do BNG cara a regularización dos estudos e máis da profesión. Para Ana Pontón, o primeiro gran paso que cómpre dar cara o ordenamento do panorama tecnolóxico-dixital galego é a integración nunha única consellería de todas as competencias do Goberno da Xunta en materia de novas tecnoloxías da información.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?