Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Seguen a medrar as reclamacións favorables aos usuarios no eido das telecomunicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Seguen a medrar as reclamacións favorables aos usuarios no eido das telecomunicacións

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/02/2009
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

computador_avaria.jpgUnha de dúas: ou as entidades públicas dedicadas a amañar conflitos entre clientes e empresas de telefonía e redes están a facer cada vez mellor o seu traballo, ou ben os trucos das compañías provedoras destes servizos están cada vez máis coma cartas ao descuberto. O caso é que segundo informa a Oficina de Atención ao Usuario de Telecomunicacións nos seus recontos sobre a actividade desenvolvida o ano pasado, o número de usuarios que coa axuda deste departamento acadou unha resolución do seu problema vai cara a arriba. Máis polo miúdo, e polo que se ofrece nos seus informes, o número de reclamacións rematadas (na súa meirande parte a favor dos usuarios de a pé) chegou ao longo de 2008 ás 24.037, o que significa unha porcentaxe de incremento con respecto ao ano anterior de case un 25%. Concretamente, durante o ano que vén de rematar as queixas resoltas pola Oficina que ao final foron favorables para o cidadán representaron un 85% do total, ficando o 15% restante do lado das operadoras.
Asemade, engade a entidade, constatouse un medre no que se refire ao coñecemento que a cidadanía ten dos seus dereitos e, máis especificamente, do que ofrecen departamentos coma a Oficina. Máis en detalle, esta contestou en 2008 un total de 234.780 consultas de usuarios de servizos de telecomunicacións, o que representa un medre do 62% en referencia ao acontecido o ano previo. Asemade, a Oficina recibiu 24.679 reclamacións, un aumento do 24% en relación coas cifras de 2007.
No que se refire á natureza mesma das consultas e reclamacións, dicir que as máis salientables dende o punto de vista cuantitativo foron as que atinxen aos servizos de voz e datos e non tanto as vinculadas ao acceso ás redes. Signifique isto o que signifique (se cadra as cifras veñen dadas por un medre na contratación de paquetes de voz e datos, simplemente), o caso é que as consultas sobre paquetes pasaron do 11% ao 22% entre 2007 e 2008, diminuíndo pola súa parte as do acceso ás redes dun 30 a un 16%. As xa (por desgraza) clásicas queixas sobre procesos de alta e baixa (que nos obrigaban a procesos kafkianos de subministros de faxes que nunca se daban lido por parte dos responsables) semellan ir reducindo a súa presenza, a xuízo da Oficina debido ás medidas correctoras introducidas polo Ministerio de Industria co fin de axilizar a tramitación e facela máis favorable ao usuario de a pé.
Os datos achegados polo Goberno confirman tres datos importantes: que cada vez hai máis usuarios que contratan paquetes de “Internet+telefonía+TV”, que hai máis persoas descontentas co servizo e que cada día hai máis xente que se anima a “denunciar” o seu caso perante as autoridades responsables. Por outra banda, Industria informou de que baixaron as reclamacións relativas ao retraso na instalación da liña telefónica fixa; máis, iso sí, mantense a tendencia á alza das reclamacións e consultas sobre facturación. En canto a reclamacións por averías e interrupcións do servizo, en 2008 houbo unha diminución das producidas nos servizos de telefonía fixa e móbil e, pola contra, un incremento nas de acceso a Internet e paquetes de voz e datos. En telefonía móbil, descenden as reclamacións por averías, así como as relativas aos problemas de cobertura ou mensaxes SMS Premium. Por operadores, tanto en telefonía fixa como en paquetes de voz e atención ao cliente, Ya.com ten o maior nivel de reclamacións, mentres que en telefónia móbil é Yoigo. Pola contra, Telefónica sitúase en último lugar en reclamacións de telefonía fixa e paquetes de voz e datos, mentres que Vodafone ocupa a última posición en reclamacións en telefonía móbil e queixas sobre servizos de atención ao cliente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?