Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno dota con 1.500 millóns de euros as actuacións do Plan Avanza2 este ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno dota con 1.500 millóns de euros as actuacións do Plan Avanza2 este ano

Raquel Noya
Publicado: 19/02/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Tal e como anunciamos na mañá de onte, o secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Francisco Ros, presentou en Madrid as convocatorias de axudas e os programas do Plan Avanza2 no ano 2009, nun acto no que tamén interveu o director xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información, David Cierco, mailo director xeral de Red.es, Sebastián Muriel.
O Plan Avanza2, integrado no Plan-E (Plan para o Estimulo da Economía e o Emprego), pon de manifesto que o Goberno segue a apostar polas TIC e pola Sociedade da Información e do Coñecemento, como “panca esencial” para mellorar a produtividade e a competitividade das empresas, a promoción da igualdade social e rexional e tamén a mellora do benestar e a calidade de vida dos cidadáns, impulsando un “modelo de crecemento económico, social e medioambiental sostible”.
Avanza2 ve a luz en 2009 coa prioridade de reforzar o apoio ás pequenas e medianas empresas e microempresas e darlle pulo a un crecemento sostible baseado na creación de empregos de alto valor engadido e a incorporación de capital tecnolóxico ás empresas.
No contexto actual, “cos logros da primeira fase do Plan Avanza”, apuntou Ros, o reto xa non é tanto a dinamización da oferta, como o fomento da demanda, así como o aproveitamento do impulso do desenvolvemento do sector para a creación dunha industria TIC propia especializada nos sectores estratéxicos e sempre centrados na pequena empresa.
O Plan conta cunha dotación orzamentaria de 1.500 millóns de euros este ano e contribuirá, segundo o secretario de Estado de Telecomunicación, “a xerar nos vindeiros catro anos preto de 200.000 empregos de alta cualificación”.

Eixes de actuación do Avanza2

As principais obxectivos que o Goberno pretende acadar co desenvolvemento da segunda fase do Plan Avanza son: – Desenvolvemento do sector TIC. -Capacitación TIC para cidadáns e pequenas e medianas empresas. – Aumento dos servizos públicos dixitais e mellora da calidade dos existentes. – Extensión da Televisión Dixital Terrestre (TDT). – Mellora da protección da privacidade na Rede da infancia e loita contra o fraude en liña.

Convocatoria de axudas

A convocatoria 2009 para a concesión de axudas no marco da Acción Estratéxica de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información dentro do Plan Nacional de I+D+i (2008-2011), conta cun presuposto de 600 millóns de euros dos 1.500 millóns asignados ao Plan Avanza2 este ano.
No aspecto procedimental, destaca que na convocatoria deste ano se empregarán medios telemáticos en tódalas fases do procedemento, dende a presentación ata a xustificación da realización do proxecto. Asemade, tódalas solicitudes deberán ser presentadas de xeito electrónico a través do portal Ayudatec do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio
Por outra banda, o pago das axudas realizarase sempre con carácter anticipado e polo importe total da axuda, con independencia do carácter anual ou plurianual da execución do proxecto.
O Ministerio vén de convocar asemade outros subprogramas da convocatoria que son: Avanza Formación, Avanza I+D+i (Internet do Futuro e Contidos Dixitais), Avanza Cidadanía, Avanza Servizos Públicos Dixitais, e Avanza Contidos (Centros de Coñecemento).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?