Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Científicos españois sentan as bases dos robots-ciberxogadores de fútbol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Científicos españois sentan as bases dos robots-ciberxogadores de fútbol

Fernando Sarasketa
Publicado: 20/02/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Clonan-a-los-ciberjugadores-de-futbol_imagenGaleria.jpgSabíamos que a tecnoloxía imita á vida, pero non tanto. Chegar a un chanzo en que os programas informáticos sexan quen de reproducir ata o máis mínimo detalle de comportamento dun xogador de fútbol en liña é probablemente un punto e aparte no deseño de realidades virtuais, por moito que estes deportistas tamén se imiten uns aos outros e teñan certa tendencia a gañar, empatar e perder o mesmo xeito. Leas aparte, ten o seu aquel o traballo desenvolvido por un equipo de informáticos da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) e presentado estes días pola Plataforma SINC e a revista Expert Systems with Applications: a programación de clons que esculcan e reproducen as accións dos seres humanos cando xogan ao fútbol no computador. “A gran finalidade do noso traballo”, informan os responsables do mesmo, “é programar un xogador, polo de agora virtual, a partir da observación dos movementos dunha persoa que concorre na liga de simulación de RoboCup”. A iniciativa, encamiñada a asentar máis alicerces no camiño dun universo virtual que xa non sexa só un calco máis ou menos fiel da realidade senón unha (por así dicilo) realidade propia, bebe directamente dunhas fontes ben concretas: as que fixeron posible a creación do ordenador, hai xa máis dunha década, que conseguiu impoñerse ao xadrecista Gary Kasparov. Esta testemuña deixada polo computador Deep Blue (así se chamaba) é a que recolle tamén o certame RoboCup que serve de marco ao traballo dos investigadores da UC3M.
Este campionato de fútbol internacional é por así dicilo un obradoiro de intelixencia artificial a moitas bandas: nel, investigadores de todo o mundo suman esforzos para dar corpo a un equipo de robots totalmente autónomos que estea en disposición de gañar ao mellor combinado humano de futbolistas en 2050.
Máis polo miúdo, o equipo da UC3M participa na competición cun software chamado Robossocer, programa que como dixemos establece unha ponte de comunicación entre os participantes reais e os non reais, neste caso clons informáticos. A idea xeral é a de favorecer a mímese para logo dar marxe á autonomía dos robots: primeiro se pon a un xogador de carne e óso a xogar na dita competición e logo se achega a tecnoloxía precisa para que o sistema sexa quen de observar os estímulos que vai recibindo a persoa pola pantalla, así como as accións que o xogador real leva a cabo mediante o teclado. A día de hoxe, os clons xa son quen de esquivar aos opoñentes e mesmo meter goles na portería contraria. O gran obxectivo é ir perfeccionando estas habilidades (por exemplo: facer posible que os bots sexan quen de pasarse a pelota uns aos outros).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?