
Como xa pasou coa toma de posesión de Barack H. Obama, moitas foron as plataformas televisivas que quixeron apostar pola Internet para instar aos seus espectadores a participar en chats para compartir as súas opinións sobre a gala como para participar en porras e concursos, pero o feito de que non fose preciso ter contratada algunha das canles de televisión que emitían en exclusiva para o seu país o certame, podería supor a posta en dúbida dese modelo de explotación audiovisual. ¿De qué serve que un evento só se poida seguir tradicionalmente a través dunha canle de pago cando existen alternativas de balde? ¿Non deberían emitir este tipo de certames en canles en aberto agora que na TDT sobre espazo para contidos?
A Internet facilitou o seguimento da gala de entrega dos Oscars en directo
Compartir Este Artigo
