Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Yes.fm sae da fase de probas con dous millóns de cancións e 170.000 discos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Yes.fm sae da fase de probas con dous millóns de cancións e 170.000 discos

Fernando Sarasketa
Publicado: 23/02/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

yesweb.jpgAgora que nin a Rede nin a industria discográfica tradicional son iguais que hai cinco anos (á primeira foille ben, á segunda non tanto), non está de máis que vaimos paseniño albiscando cal vai ser o futuro do mercado da música e como afecta aos que queren –por riba de todo- seguir escoitando cancións nos seus reprodutores e do xeito que sexa. Pois ben: máis que do contido, os cambios veñen sobre todo do lado da forma (en troques de CDs físicos nas tendas aos prezos –elevados- de sempre, teremos ao noso alcance arquivos dixitais que oscilarán entre o gratuíto e o máis ou menos económico). Haberá pois na Rede diferentes versións do que se practicaba ata o de agora: as redes p2p e as propostas dos propios artistas por ofrecer música o máis libre posible son o equivalente multitudinario do que consistiu sempre en ir pasándonos discos, mentres que a apertura de páxinas web de escoita e venda de cancións constitúe a translación ao dixital do modelo-tenda. Neste paquete é onde se insire un dos servizos que máis medra no eido estatal: Yes.fm, unha canle en liña que vén de lanzar a versión final logo de cinco meses en beta e que semella construírse seguindo polo miúdo o que a industria discográfica tradicional só pasaba máis ben polo forro: as opinións dos usuarios.
O servizo, que non é outra cousa que unha tenda pero en liña, permite arestora escoitar máis de dous millóns de cancións e 170.000 discos que veñen achegados por grandes empresas en camiño da reconversión (EMI, Universal, Warner Music e SonyBMG) e unha chea de selos do eido independente. A web, que se centra sobre todo na achega musical vida de España, apóiase no que ben podería ser a tarxeta de presentación da nova orde de Internet: a posibilidade de crear comunidades. Así, Yes.fm permítelles aos usuarios rexistrados poñer en marcha espazos persoais propios de seu, compartir listaxes de reprodución, escoitar as escolmas dos demais internautas ou ata dar conta das recompilacións feitas polos seareiros da música mellor e máis acreditados (críticos, especialistas, afeccionados de pro, etc).
Entre as novidades recentes da páxina web con respecto ao ofrecido ao comezo da súa andaina, hai case medio ano, inclúese a presentación dun deseño e pantalla de uso máis sinxelo, con máis presenza das cores brancas e das ferramentas principais facilmente localizables. Asemade e entre outras melloras, inclúese un buscador que non require criterios engadidos de procura, atallos para chegar de xeito rápido ás listaxes de reprodución (playlists), melloras nas fichas dos músicos, noticias internacionais do eido da música, un menú para cada usuario (persoal) e unha ferramenta en liña que lle relembra ao internauta rexistrado as cancións máis recentes das escoitadas. Polo que respecta aos custes do servizo, sinalar que arestora se achega un prazo de proba para os internautas interesados en facer uso do servizo e que permite entre outras cousas dar conta a fondo e libremente do catálogo do servizo. Máis tarde poderán seguir usándoo de balde (con certas restricións no acceso á totalidade do repertorio) ou pagar 3,95 euros ao mes ou 39,5 ao ano co obxectivo de dispoñer de toda a escolma habilitada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?