
A nova canle estará dirixida por Pere Roca e comezará a emitir en probas a partir de abril de 2009 a través de satélite e cable, integrándose na oferta da TDT tras o apagamento analóxico en abril de 2010.
O presidente da Corporación de RTVE, Luis Fernández, asegurou que «Cultural·es reafirma o noso sinal de identidade: unha televisión pública feita por e para os cidadáns». A programación da canle contará con 4 áreas fundamentais: as artes, as ciencias e as letras; a cidadanía e a civilización; a memoria e o patrimonio; e as industrias culturais.
O anuncio da nova cale contou coa presenza do cociñeiro Ferrán Adrià como padriño, nome ao que se sumarán nos vindeiros meses distintas personalidades da cultura, a arte e a ciencia para constituír un comité de valedores de España e Iberoamérica que serán embaixadores culturais.
O nome da canle tamén é algo que resulta rechamante, especialmente porque o dominio de Internet Cultural.es corresponde a unha sociedade limitada valenciana, o que dificultará a presenza en liña do novo medio (que supomos que estará integrado na web oficial de RTVE).
Vídeo promocional da nova canle
Televisión Española contará cunha nova canle de contidos culturais
Compartir Este Artigo
