Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A porcentaxe de software ilegal nas tendas baixa por vez primeira do 30%
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A porcentaxe de software ilegal nas tendas baixa por vez primeira do 30%

Fernando Sarasketa
Publicado: 26/02/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

software_ilegal-4.jpgNo medio dunha crise internacional, semella que a industria do software pechado estase a dar un respiro. Ou mellor dito: son precisamente os outros, os alleos á produción de programas, os que lle dan o respiro ao sector. Segundo datos achegados por Microsoft sobre este tipo de distribución en España, o ano 2008 foi o primeiro ano en que o índice de distribución de software copiado baixou no país por debaixo do 30%, situándose exactamente no 27,2%, o que representa unha caída de 10 puntos porcentuais con respecto ao período anterior. Neste senso, ata un total de once comunidades autónomas foron quen de baixar esta porcentaxe, situándose no extremo máis e mellor aplicado Navarra (que acadou o índice máis baixo, do 11,1%, logo dunha caída de 17,5 puntos porcentuais), Balears (co 13,3%) e Illas Canarias (16,7%). No caso contrario, é dicir, entre as comunidades nas que máis probabilidades teremos de atopar nas tendas de distribución software pirateado, áchanse Estremadura (onde preto da metade dos establecementos que venden programas apostan pola copia ilegal), Asturias (co 44,4%) e Castela A Mancha (41,7%).
O informe, feito entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro sobre unha base de 826 puntos de venda de toda España, achega o seguinte dato de interese: de todos eses puntos, atopouse software sen licenza nun total de 225.
Por certo que Asturias foi unha das comunidades que acadou un meirande medre nestas prácticas: experimentou un incremento de arredor do 15% con respecto aos datos obtidos o ano anterior. Entre os gobernos que máis e mellor seguiron os ditados da industria privativa atopamos un panorama de sete privilexiados, todos eles cunhas cifras por debaixo xa do 20% de presenza de programación ilegal: Baleares, Canarias, Cantabria, Cataluña, Madrid, Navarra e Euskadi. Polo que respecta ás razóns deste descenso xeneralizado do software pirateado nas tendas, Microsoft apunta no seu estudo a varias relacionadas entre si: a acción conxunta de empresas e administracións en campañas concretas de concienciación (tanto para o que vende como para o que merca) e o gran descenso na actividade de ensamblaxe nacional (a maior parte das tendas venden equipos portátiles de multinacionais, o que supón unha caída na inclusión de copias ilegais).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?